Titorial «A voz do poeta»
- Proxecto
Díaz Castro - Autoría
Mónica Campo, Cristina de la Torre - Ideal para
Practicar o recitado - Materias
Lingua e Literatura - Cursos
Curso 2013/14 - Compartir en
facebook, twitter
MATERIAIS NECESARIOS
PASO A PASO
- Colocamos o atril para a subasta co cronómetro impreso e o mazo
- Recibimento e introdución na parte baixa da casa habanera
- Subimos ó primeiro andar e pedimos que se senten nas primeiras filas
- Explicamos a dinámica do xogo
- Facemos a subasta de cinco ou seis poemas dependendo do tempo dispoñible
- Pedímoslles que escollan un verso para o seu pasaporte
NOTAS
- A presentación faise na parte baixa da Casa Habanera e o xogo na sala da primeira planta
- Os guías colócanse no escenario e os participantes sentanse nas primeiras filas.
- Alguén do público escolle un poema, amosámolo dicindo cantos versos ten e propoñemos un tempo de saída para poxar á baixa.
- O obxectivo é que o lean no menor tempo posible.
- Ollo coas baixas temerarias de tempo, se pensamos que non se pode ler no tempo que propoñen pódese declarar poxa nula e comezar de novo.
- Se o grupo é numeroso facemos dous equipos para competir no tempo de lectura.
- A quen se lle adxudique o poema ten que levantarse a lelo
- Alguén de loxística cronometra para ver se cumpre co tempo.
- Ó rematar a lectura alguén do público ten que ser capaz de repetir un verso demostrando que a lectura foi comprensible
PRESENTACIÓN
Esta é a Casa Habanera de Guitiriz e foi a primeira escola de bacharelato que houbo na vila. Como moitas das escolas do século vinte foi construída con aportacións feitas por emigrantes a América. Neste cadro de aquí tedes os rostros e nomes das persoas que contribuiron á súa construcción.
Pero hai moito tempo que a Casa Habanera xa non é a escola. Agora é un edificio municipal que se utiliza para exposicións, charlas, etcétera. Tamén ten unha biblioteca na parte de arriba.
Este edificio é importante na vida de Díaz Castro porque aquí deu o seu primeiro recital de poesía en Galiza. Foi en 1984, cando o poeta xa tiña 70 anos e regresara a vivir aquí. A ese recital acudiron moitos escritores da Terra Chá e de toda Galiza como Manuel María, quen consideraba a Díaz Castro como un mestre.
Este recital foi o primeiro recoñecemento público que recibiu na súa terra, máis de vinte anos despois de publicar Nimbos. Pois ben, imos emular ese recital cunha subasta de poemas que faremos na parte de arriba.
ACTIVIDADE
Imos subastar poemas, pero non de Díaz Castro, senón doutros autores da literatura universal cos que coincidiu no tempo. Díaz Castro falaba nos seus poemas da natureza, do campo, de Galicia, de Deus, do regreso á terra, da melancolía… Agora imos descubrir de que falaban outros poetas, nese mesmo momento, noutros lugares do mundo.
Primeiro escollemos o poema e tedes que apostar canto tardariades en lelo. É unha poxa, así que quen ofreza a duraciónd e lectura máis curta sairá a demostrar que é posible ler o poema nese tempo. Imos co primeiro
(Damos a escoller a alguén da primeira fila. Lemos a presentación do poema, amosámolo e comezamos coa poxa. Comezamos en 60 segundos e poden poxar en múltiplos de 5 segundos)
Adxudicado! Agora tes que lelo nese tempo. Para asegurarnos de que se entende a lectura alguén do público terá que ser capaz de repetir un verso ou dicir de que trata o poema.
CONCLUSIÓN
Fin da poxa! Agora para continuar tedes que vir a escoller un dos versos e anotalo no voso pasaporte