Titorial «Autor dun único libro»
- Proxecto
Díaz Castro - Autoría
Mónica Campo, Leticia Barbadillo - Ideal para
Comprensión lectora - Materias
Literatura, Roteiros - Cursos
Curso 2015/16 - Compartir en
facebook, twitter
MATERIAIS NECESARIOS
- Sobres coas fichas de autores e libros
- Balizas para colocar na zona
- Silbato
- Os libros para ir entregar a cada parella
- Manual parada 02
PASO A PASO
- Os guías colocan as balizas nos puntos marcados e a caixa cos libros no bar 2. reunimos o grupo fronte ó bar para explicar a introdución
- Repartímolos entre libros e autores.
- Os autores reciben un ficha con pistas sobre quen son e o que escribiron
- Os libros reciben claves para respostar ós autores e o libro nun sobre
- Cada libro sitúase nunha baliza agardando polos autores
- Indicamos que o tempo das citas rápidas é 1 minuto e que ó sonar un chifre cámbiase 8. cando localicen o seu libro volven ó punto de saída.
- Facemos a conclusión e foto de grupo.
- Recollemos o material e colocámolo para o seguinte grupo ou levámolo connosco
NOTAS
- Hai tarxetas identificadoras para un máximo de 60 participantes.
- Hai 4 cores para dividir os visitantes en 4 grupos e facer as actividades de forma simultánea.
- Os grupos deben ser mínimo de 8 persoas, podemos eliminar cores e facer menos grupos
PRESENTACIÓN
Estamos no Curro Vello, o barrio máis antigo de Guitiriz. Aquí imos coñecer a outros escritores que como Díaz Castro publicaron un único libro pero que non redordan o seu título. Imos axudarlles.
ACTIVIDADE
A metade de vós seredes libros e a outra metade autores. Os libros estaredes nas balizas agardando polo voso autor. E os autores iredes de libro en libro ata averiguar se é o voso. As pistas están nestes sobres. O idioma no que está escrito, o protagonista da historia, se o autor é home ou muller, se hai película… O único problema é que os libros so poden contestarvos si, non ou non o sei. Así que lede ben a información do sobre antes de facer as preguntas ou dar as repostas.
Amosámosvos un exemplo (explicamos a dinámica do xogo con Nimbos) O meu compañeiro é un libro e eu son un autor. Na miña tarxeta pon que me adicaron o Día das Letras Galegas así que lle pregunto se está escrito en galego. Nas súas pistas pon que é un clásico da literatura galega polo tanto, a resposta é si. E sigo facendo preguntas ata que estou seguro de que é o meu libro.
Se os autores atopades o voso libro quedade cando el. O resto, seguide buscando de baliza en baliza. Pode que haxa autores que coincidan no libro que cren que é deles. Despois veremos quen acertou.
CONCLUSIÓN
Agora imos saber se acertastes á hora de escoller o voso libro. Que cada autor explique que libro escolleu e por que. Os que acertaron poderán coñecer o seu libro e facerse unha foto. (Os autores que lean o seu perfil e o dos seus libros e entre todos decidimos se é correcto. Se é así dámoslles o libro en cuestión onde xa se ve o título e o autor para facer unha foto).
Estas son as respostas correctas:
- Arundhati Roy escribiu El dios de las pequeñas cosas
- Borís Pasternak escribiu El doctor Zhivago
- Luis Martín-Santos escribiu Tiempo de silencio
- Emily Bronte escribiu Cumbres borrascosas
- Harper Lee escribiu Matar a un ruiseñor
- J.D Salinger escribiu O vixía no centeo
Agora para pasar á seguinte actividade tedes que anotar no voso pasaporte que libro destes vos gustaría ler algún día e quen o escribiu.