Desconecta coa música
- Proxecto
Desconecta - Autoría
Sandra Tenreiro - Ideal para
ESO- Bacharelato - Materias
Música - Cursos
1º BAC, 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, Curso 2018/19 - Compartir en
facebook, twitter
PRESENTACIÓN
Investigamos etraballamos a través do proceso de creación dunha peza musical unha mensaxe social que faga pensar acerca do uso dos móbiles na sociedade actual. Relacionamos o uso dos dispositivos móbiles coa química, xa que este 2019 celebramos o Ano Internacional da Táboa Periódica.
CLAVES
- MATERIAS: Música, Química, Valores, Educación Medioambiental.
- CONTIDOS:
- Do nacemento do blues ao rock. Estructura armónica e temáticas.
- O uso do móbil na sociedade actual.
- Iniciación á táboa períodica a través do coñecemento dos smartphone.
- Obradoiro de creación de estrofas e estribillos nun tema musical.
- Exercicio de investigación e comprensión textual.
- SESIÓNS:
- Realización de 2 sesións para a investigación e comprensión da temática a traballar.
- 2 sesións para coñecer os xéneros musicais sobre os que traballaremos o tema. (Blues e rock; armonía, temáticas…).
- 2 Sesións de traballo vocal e adaptación dos textos creados.
- Gravación final do traballo dos grupos.
- NECESIDADES: Esta actividade realizouse na aula de música, pola necesidade de equipos de son e instrumentos musicais para traballar a música. Tamén gravamos co uso de bases rítmicas xa existentes para axilizar o traballo nalgúns grupos.
OBXECTIVOS
- O obxectivo principal achegar ao alumnado dos centros educativos a importancia de facer un uso responsable e controlado dos dispositivos móbiles. Ademais iniciar ao alumnado mais novo no coñecemento de elementos químicos da Táboa Periódica. Musicalmente achegarse a través de creacións propias a xéneros como o blues e o rock.
PASO A PASO
01. PREPARATIVOS
- Localizamos textos e páxinas web que falan de Química e Móbiles.
- Iniciamos ao alumnado no coñecemento musical dos novos estilos que vamos traballar. ” O blues ” e o “Rock”.
02. DESENVOLVEMENTO
- Investigación móbiles e química. O medioambiente.
- Compresión textual
- Ideas principais extraídas.
- Creación de estrofas e estribillos con carácter poético.
- Traballo da armonía musical; acordes de LA mayor, Re mayor e Mi m ( Guitarras e Ukelele).
- Traballamos os textos elaborados coa base ritmica músical seleccionada.
03. AVALIACIÓN
- Avaliamos a comprensión do alumnado.
- Avaliamos a creatividade na elaboración de estrofas ( a mensaxe, o contido, a rima, a forza expresiva do texto creado)
- Avaliamos a interpretación instrumental e vocal.
- Realizamos a gravación final dos grupos.
EXPERIENCIAS
Gravamos un vídeo final. Adxuntamos o traballo realizado ao final dunha sesión de gravación co alumnado de música de 2º ESO.
CONCLUSIÓNS
O alumnado mostrou interés e curiosidade xa que traballou a través deste proxecto moitos aspectos que descoñecía dos dispositivos móviles e da química que estes conteñen. Ademais o rock foi unha forma musical moi axeitada para traballar esta mensaxe social.