Un Roteiro máis inclusivo
- Proxecto
Díaz Castro - Autoría
Susana Vázquez Regueiro - Duración
2 meses - Ideal para
Incluir a todas as persoas no noso Roteiro - Cursos
Curso 2018/19 - Compartir en
facebook, twitter
PRESENTACIÓN
Ao longo deste curso, o alumnado de 3º, en especial o de NEAE, participou do Roteiro Un neno de aldea cun novo obxectivo, dotalo dunha maior inclusividade. Para iso, comezamos co proceso de adaptación das actividades para grupos diversos, o que inclúe a alumnado de menor idade (primaria) e procedente de Centros de Educación Especial.
Esta adaptación inclúe varios materiais de colaboración coas organizacións ONCE e FAPXG.
CLAVES
- MATERIAS: Esta é unha proposta multidisciplinar, con moito de competencia comunicativa, pero tamén de emocións.
- CONTIDOS: Elaboración dun dicionario emocional. Busca de información de calidade na web. Contraste e comparación de informacións. Comunicación en diversas linguas.
- SESIÓNS: 6 sesións
- NECESIDADES: Colaboración con asociacións de persoas xordas e de persoas cegas (FAPXG e ONCE).
OBXECTIVOS
- Dotar ao Roteiro doutras linguaxes de acceso
- Aproveitar a riqueza doutras visións do roteiro: as do alumnado con NEAE
PASO A PASO
01. PREPARATIVOS
Revisar as actividades de cada parada do Roteiro. Seleccionar o vocabulario fundamental de cada unha. Elaborar un dicionario en varias linguas.
02. DESENVOLVEMENTO
En primeiro lugar, fixemos o Roteiro con outros ollos en varias edicións.
Despois, seleccionado o vocabulario, o alumnado con NEAE, fixo a súa definición dos termos, en función da experiencia vivida no Roteiro.
No paso seguinte, contrastou a información creada coa que a RAG ten sobre cada termo elixido.
Incluídas ambas definicións, quedaba só engadir novas linguaxes: imaxe, pictogramas, vídeo de linguaxe de signos.
Por último, contactamos coa ONCE para solicitar unha versión en Braille do noso Dicionario.
03. AVALIACIÓN
Observación directa do proceso, así como valoración dos resultados acadados, a través da operatividade do dicionario.
EXPERIENCIAS
Foi interesante a inclusión de novas linguas, que non sempre son habituais nos centros educativos nos que non convivimos con determinadas características persoais: pictogramas, LSE, Braille.
Tamén resultou de interese a creación de realidade aumentada a través de QR, para a inclusión dos vídeos con linguaxe de signos que nos elaboraron na Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia.