Vaia sorpresa!
- Proxecto
Desconecta - Autoría
Mª José Fernández , Xosé Ferreiro, Teresa López, Ángeles Rubinos - Ideal para
Aprendizaxe entre iguais - Materias
Historia, Lingua e Literatura Galega, Matemáticas - Cursos
BAC, Curso 2018/19, ESO - Compartir en
facebook, twitter
Esta curtametraxe forma parte dun proxecto de formación de profesorado co que nos familiarizamos coas narrativas dixitais e o uso das pantallas, neste caso empregamos un formato de chat de whatsapp ambientado nunha aula.
QUE TEMA ESCOLLIMOS
Na curta o alumnado descobre con gran sorpresa que Brian May, o guitarrista de Queen, é astrofísico. Queríamos destacar que se pode compatibilizar unha boa preparación académica coas súas actividades lúdicas, que hai tempo para todo e empregramos o exemplo dunha figura pública de actualidade nese momento.
COMO O FIXEMOS
- Escollimos a temática
- Preparamos o guión empregando unha sinxela plantilla de chat.
- Decidimos levalo ó formato audiovisual para darlle protagonismo ó alumnado e que se identificaran co tema.
- Gravamos nunha clase de matemáticas coa profesora e o alumnado real facendo planos moi sinxelos
- Para que se escoitase ben o diálogo (escaso) colocamos un micro conectado ó móbil
QUE DIFICULTADES XURDIRON
- Notouse a falta de práctica na actuación, xa que non houbo ensaios.
- Implicar ó alumnado foi complexo, xa que o texto fora traballado polas profesoras e lles resultaba un pouco alleo.
- Falta de tempo para a rodaxe, pois non queriamos interromper horas da xornada académica.
- A montaxe foi tediosa porque meter os textos e simular o chat ten moitas capas narrativas: os bocadillos, o texto, os sons, os emoticonos…
QUE OPORTUNIDADES OFRECE
- Traballo en equipo.
- Reflexión sobre o tema a tratar, que non perdan o tempo nas clases e atendan
- Reflexión sobre a reputación e porque valoramos ás personaxes públicas
CLAVES
- Levar o texto ben preparado para poñerse a gravar con axilidade
- Ter en mente a montaxe do vídeo para simplificar a gravación, as veces é mellor facer o chat real que ficcionalo
COMO LEVALO Ó AULA
- Pódese facer en tres sesións
- Propoñemos temas entre o alumnado e que preparen os seus chats por grupos (entre 6-10 persoas)
- Para facer o vídeo teñen que divivirse entre actores, produción, realización e montaxe e decidir onde o gravan.
- Grávanse cos seus teléfonos e poden editalo eles no seu tempo de tarefas en aplicacións móbiles ou no aula de Tecnoloxía
- Visionamos os traballos rematados e debatimos sobre os temas que propone cada chat
IDEAL PARA
- Traballar temas con diferentes puntos de vista
- Motivalos ó inicio de curso
- Traballar as competencias clave: artística, lingüística, matemática, social, aprender a aprender…
- Traballo colaborativo
- Aprendizaxe entre iguais
- Crear complicidade co alumnado achegándose ás súas narrativas e formatos
RECURSOS
- Móbil ou cámara de vídeo
- Decorado (aula)
- Ordenador con programa de edición
- Músicas e sons descargados de librarías gratuitas e youtube
- Os emoticonos descargámolos de Freepik