A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Xogo sobre a Táboa Periódica

  • X1
  • X2
  • X3
  • X4
1/5

PRESENTACIÓN

Con motivo do ano internacional da Táboa Periódica o alumnado de Física e Química de 3º ESO elabora un xogo didáctico para facilitar a memorización dos símbolos e as valencias dalgúns elementos químicos. É un xogo de cartas para “casar”  cada elemento e o seu nome coas súas valencias.

 

CLAVES

  • MATERIAS: Indicado para Física e Química.
  • CONTIDOS: Relacionados coa unidade de “Formulación Inorgánica”.
  • SESIÓNS: Unha sesión para elaborar o xogo e explicar como se xoga. Dúas sesión máis repartidas en tempos de 20 minutos para realizar una competición probando o xogo tanto en 3º ESO “A” como en 3º ESO “B”.
  • NECESIDADES: Cartolinas, regra, lapis, rotulador negro e tesoiras.

OBXECTIVOS

  • Fomentar o desenvolvemento da memoria.
  • Fomentar a capacidade de relacionar visualmente.
  •  Desenvolver habilidades manuais.
  •  Aprender os nomes e os símbolos de 50 elementos químicos.
  •  Aprender as valencias deses 50 elementos químicos.
  •  Mellorar o traballo en equipo.

PASO A PASO

01. PREPARATIVOS

Reparto do material entre os alumnos para a construción das cartas.

02. DESENVOLVEMENTO

Na primeira sesión debuxaron coa regra e o lapis as cartas nas cartolinas. Recortaron as cartas e deseñaron e debuxaron con rotulador os nomes e símbolos na metade delas e as valencias na outra metade.

03. AVALIACIÓN

Suporá 0,5 puntos para cada alumno. Terase en conta: a implicación no traballo (tanto no deseño como na elaboración), a presentación e a implicación na competición entre os dous equipos que formamos.

EXPERIENCIAS

O xogo é posto en práctica polo alumnado de 3º ESO en abril de 2019.