A paisaxe do alumnado 2018
Neste roteiro recóllese a mirada do alumnado do IES Poeta Díaz Castro sobre o lugar onde viven e a súa paisaxe entendida como algo amplo: natural, social, arquitectónica, humana, económica, etcétera.
Realizouse na asignatura de Paisaxe e sustentabilidade de 2º de ESO. Recolle o que o alumnado considerou destacable sobre o lugar onde viven.
1. A Pígara
- Situación xeográfica
- Como chegar
- Voltar ao plano principal
- Voltar ao plano principal
Pígara é unha parroquia do Concello de Guitiriz. Ten aproximadamente 400 habitantes. A súa igrexa é de estilo románico
As festas fanse a último fin de semana de abril na honra á Virxe das Miragres e tamén a primeira fin de semana de xullo na honra a San Pedro. Outra festa que se celebra é a da Xuventude, entre os meses de outubro e novembro
Pola miña aldea pasa o río Ladra, concretamente por Santamariña. Alí temos unha gran diversidade de árbores: salgueiros, abedugos, carballos… Para cruzar o río temos unha ponte románica que hai un tempo se tivo que arranxar porque estaba a piques de caer.
Por Pígara tamén pasa o Camiño de Santiago, aínda que non pasa pola miña casa. Ademais temos un restaurador de coches. Coñecémolo todos e aen realidade é capaz de arranxar de todo. A poboación maior adicáse á gandeiría e ao agro, e o resto traballa fora da parroquia.
Por Ana Fernández.
2. Campo da Feira
- Situación xeográfica
- Como chegar
- Voltar ao plano principal
- Voltar ao plano principal
Estamos en Lagostelle, no centro da vila de Guitiriz, no chamado Campo da Feira.O máis importante aquí é a Igrexa de Santa María construida entre 1946 e 1968, con granito e pizarra local. Adosada á igrexa está a Casa das Monxas e tamén a Reitoral.
Tamén é importante o reloxo analemático de sol que que ocupa o chan de case toda a praza. Podes o aquí como funciona.
Por Rodrigo Pumares Guerrero.
3. Os sete muíños
- Situación xeográfica
- Como chegar
- Voltar ao plano principal
- Voltar ao plano principal
Os Sete Muíños, este lugar máxico no que o tempo parece que transcorre lentamente. Cando un disfruta o que fai, ou onde está, é como se o tempo pasase máis amodo. Podes quedar todo o tempo que queiras alí, porque a natureza acóllete.
Nos Sete Muíños, antes había unha actividade comercial con muíños e actualmente hai cinco deles, nos que quedan sete rodas (de alí o nome). Agora, é unha ruta de sendeirismo e tamén unha área recreativa para disfrutar individualmente ou coa familia.
A parte diso, este lugar é tamén parte da Reserva da Biosfera, xa que está dentro da Terra Chá. Pasa pola Ruta da Auga e ten unha gran variedade de flora e fauna.
Por Feifei Li.
4. O muíño do señorito
- Situación xeográfica
- Como chegar
- Voltar ao plano principal
- Voltar ao plano principal
O muíño do Señorito, ubicado na parroquia San Salvador de Parga, deixou de funcionar hai 20 anos. Neste muíño, moíase centeo, millo e máis cousas, pero agora está abandonado.
No verán do 2018 tense pensado facer unha ruta xunto a este muíño e o río que o acompaña, unha máis das moitas rutas que hai en Guitiriz.
Mostramos fotos por dentro e por fora, no que aínda se conservan algunhas pezas do muíño, vello e onde moita xente ía moer alí o millo. Moi preto de aquí estivo no seu inicio a canteira de Parga, hoxe clausurada e aberta noutras zonas do Concello. Pareceme un lugar bonito e interesante.
Por Xoel Ferreiro.
5. A Pobra de Parga
- Situación xeográfica
- Como chegar
- Voltar ao plano principal
- Voltar ao plano principal
A Pobra de Parga é unha vila do concello de Guitiriz pero, de que a coñecemos? Da feira, mais sabémolo todo da feira? Ten cousas que a fan única coma os pendellos ou o uso do tren.
Parga estase a quedar sen xente, mais por que? Con este colexio que alí teñen, tan grande e bonito, do que nos fala no vídeo a súa directora… Que pai non querería que os seus fillos estudaran alí?
Por Daniela García.
6. O Couce
- Situación xeográfica
- Como chegar
- Voltar ao plano principal
- Voltar ao plano principal
O Couce ten grandes explotacións gandeiras. Ten uns grandes prados para alimentar aos animais, colleitar, etcétera. A mín gústame moito porque é moi tranquilo e está rodeado de natureza.
A meirande parte dos gandeiros adícanse á producion leiteira excepto no monte comunal, onde entre todos os veciños teñen vacas de carne.
Grazas á xente que traballa neste entorno temos a oportunidade de poder explorar a naturaleza e desfrutar dos animais.
Por Uxía Núñez.