A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

O ceo dos maiores

Este roteiro recolle a mirada dos noso maiores sobre o ceo. A súa creación formou parte dun proxecto interdisciplinar do centro que xiraba en torno á astronomía. Así que no departamento de galego decidimos orientalo cara á entrevista e o ceo como parte da nosa experiencia vital.

Os que están aquí incluidos neste mapa son os avós do alumnado de 3º de ESO do curso 2016/17 entrevistados por eles mesmos.

1. Emilio de Casacamiño

  • Emilio entrevistado polo seu neto Kevin

Emilio naceu no 1945 en Casacamiño, Monfero. Gústalle mirar o ceo porque o relaxa e destaca que no monte víase sempre máis claro. Recorda que de pequeno, relacionábase que, cando alguén morría, caía unha estrela.

2. Carmen de Rego Pequeno

  • Carmen entrevistada pola súa neta Ányela Roca

Carmen Río naceu no Buriz no ano 1943 aínda que pasou toda a súa vida nos Vilares. Gústalle o ceo por todas as  vivenzas que relaciona con el… nos seus tempos mozos.

3. José do Penedo

  • José Sanmiguel é entrevistado sobre seu neto, David Sanmiguel

José naceu no ano 1927 en Buriz, no lugar do Penedo, Concello de Guitiriz. Cando lle preguntamos: «Cando se ve mellor o ceo?», el responde directo: «Pola tarde, cando un se levanta da siesta e non ten sono».

4. Josefa de Casa Orosa

  • Josefa Freire é entrevistada pola súa neta Alba María Amil

Josefa Freire naceu en Orosa (Aranga) en 1936, na parroquia de Vilarraso. A ela gústalle ver o ceo no verán, porque é cando mellor se pode ver, incluso se poden ver planetas. A luz das estrelas era unha axuda cando ían as festas.

5. Ángel da Penafachada

  • Ángel Caínzo entrevistado polo seu neto Ángel Teijido
1/2

Ángel Caínzos naxeu en Os Ramos, actualmente vive en A Penafachada coa súa muller Marisa. Di que lle gusta mirar o ceo cando pasan os avións, que o ceo serve para saber o tempo que vai facer, para saber se se pode ir traballar ou non.

Tamén conta que o ceo cambiou totalmente, que antes estaba despexado e que agora está nublado pola contaminación e que el prefire que haxa moitas farolas e que non se vexa ningunha estrela para así poder ver o chan que pisa.

6. María de Ferreira

  • María Concepción Vázquez entrevistada pola súa netea Uxía López

María é unha señora de 80 anos que vive en Ferreira (Parga). Neste vídeo cóntanos que visión ten ela do ceo. Como poderemos apreciar, di que o ceo da súa infancia é igual que o de agora, aínda que a xente non repara tanto nel. Se queredes coñecer un pouco máis sobre esta interesante muller, non dubidedes en ver o vídeo.

7. Edita do Fagundo

  • Edita Gómez entrevistada polo seu neto Xoel Santamariña

Edita naceu no Fagundo, no 1941. Di que lle gusta mirar o ceo porque lle ensina moito e que o ceo non cambiou nin cre que vaia cambiar. Relaciona o ceo coa agricultura, coas lúas: “No ceo está a nosa vivencia”.

8. Ángel da Penafachada

  • Ángel entrevistado por Manuel Teijido

Ángel naxeu nos Ramos,  actualmente vive na Penafachada coa súa muller Marisa. Di que lle gusta mirar o ceo cando pasan os avións;  que o ceo serve para saber o tempo que vai facer, para saber se se pode ir traballar ou non. Tamén conta que o ceo cambiou totalmente, que antes estaba despexado e que agora está nublado pola contaminación e que el prefire que haxa moitas farolas e que non se vexa ningunha estrela para así poder ver o chan que pisa.

9. Carmen das Escábedas

  • Carmen entrevistada polo seu neto Antón López
Descubre a fascinante historia que nos conta Carmen sobre o ceo de antano. Moita xente sabía esta mesma historia, pero hai moitas máis parecidas. Botádelle unha ollada ao vídeo e continuade o “tour” dos ceos da nosa terra.

10. Gelines López

  • Entrevista a Gelines López realizada pola súa neta Isabel Saavedra
Gelines ten 85 anos e viviu parte da súa vida nos Vilares. Utiliza o ceo para saber a hora polo sol e para as colleitas. Ela di que o ceo agora é igual que o de antes, pero que non se pode ver tan ben por mor de tanta luz.

11. Teresa de Parga

  • Teresa Valle entrevistada pola súa neta Iria Rodríguez
Teresa naceu no 1950 en Begonte, pero pasou a maior parte da súa vida en Parga. Gústalle mirar o ceo porque sempre é distinto e destaca que, na súa nenez, pensaba que ir para o ceo significaba subir e non volver máis cara a abaixo,  cara á terra.

12. María Luisa de Santamariña

  • María Luisa entrevistada pola súa neta Carmen Mª Iglesia

María Luísa naceu no ano 1966 en Ferrol. Gústalle moito mirar o ceo. Segundo ela, no medio do monte é onde mellor se ve. Algún que outro día visita Ferrol, pero… di que alí hai demasiada luz para ver as estrelas, moita máis que na aldea na que vive.

13. María Miragaya

  • María Miragaya entrevistada pola súa neta Nicole Yáñez
María naceu en 1946, en Guitiriz. Destaca que agora hai máis medios que antigamente para saber que tempo vai facer e que xa non é necesario observalo tanto coma antes. Aínda así, gústalle miralo porque ten bos recordos da súa xuventude.

14. Palmira da Fracela

  • Palmira entrevistada por Jenny Hernández

Palmira Castelo naceu no 1927. É da Fracela, na parroquia de Mariz. Oriéntase coa axuda sol. Ela di que, mirando as sombras na regaña da porta, sabe cando é a hora de comer.

15. Pepe da Cima

  • Pepe entrevistado por Fran Cupeiro

A Pepe gústalle mirar o ceo para ver como estará o día. Afirma que o ceo cambiou moito dende que el era pequeno.

16. Obdulia de Casa Guinea

  • Obdulia entrevistada polo seu neto.
Obdulia López naceu en 1937 en Casa Guinea, no lugar das Reixas, na parroquia dos Vilares. A ela gústalle o ceo cando está moi “astralladito”e de como iluminaba o camiño cando ían ás festas.

17. Maricarmen de Pontedeume

  • Maricarmen Pazos entrevistada pola súa neta Cristina Calvo

Maricarmen naceu no 1953, en Pontedeume, pero pasou a maior parte da súa vida na Coruña. Pensa que o ceo é romántico e ten a dúbida de se cando morres vas ao ceo ou non. Cando necesita tranquilidade, asómase á fiestra e contempla as estrelas, como cando era pequena na casa dos seus avó.

18. Maruja de Pusadoiro

  • Maruja entrevistada polo seu neto David Quitián

Maruja naceu en 1934, e di que lle gusta mirar o ceo cando esta despexado. Tamén que se ve mellor pola noite que pola mañá.