A igualdade é…
A igualdade é... foi o resultado dun obradoiro sobre igualdade de xénero e contra a violencia machista que desenvolvimos no curso 2019-20 apostando polas artes vivas e do movemento como código de reflexión activa que activase unha aprendizaxe transformadora no alumnado. A actividade foi deseñada e conducida por Cristina de la Torre, especialista en comunicación e formación, e mais Rut Balbís, coreógrafa e bailarina.
Destinado ó alumnado de 2º da ESO, durante dous días analizamos conceptos relacionados coa construcción da identidade e das diferencias de xénero nos entornos culturais e sociais, traballando en paralelo coa linguaxe corporal e a expresión artística. Desta maneira creamos mensaxes que abordasen os temas escollidos pola rapazada durante o obradoiro: as relacións personais, o espazo individual e a representación pública.
O resultado foi unha performance que recollemos en vídeo e que mostra algunhas situacións habituais de discriminación de xénero combinadas con propostas en positivo para mellorar a convivencia e correxir as nosas actitudes. O vídeo foi visualizado polo alumnado que decidiu as frases e mensaxes finais.