A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Días Contados

  • Ano
    2021
  • Duración
    23 minutos
  • Ideal para
    Contextualizar o presente
  • Compartir en
    facebook, twitter

Como era a vida dos nosos pais cando tiñan dezaseis anos coma nós? E a dos nosos avós? Esta ficción recrea a historia familiar do alumnado de 4º de ESO do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz. Foi realizada durante o curso 2020-21 coa implicación das familias, que inspiraron esta historia.

OBXECTIVO

Esta curtametraxe foi realizada durante o curso 2020/21 no que o tema transversal escollido como proxecto de centro foron os coidados. Cada nivel educativo orientouno cara un contido concreto e en 4º da ESO a equipa docente escolleu o coidado da memoria como obxectivo cara o que conducir prácticas innovadoras de aprendizaxe.

Durante un trimestre o alumnado recolleu en texto, vídeo e audio, testemuñas nos seus entornos familiares sobre o pasado, resultando unha mirada moi detallada ós acontecementos que marcaran a vida dos seus proxenitores e avós. Con ese material, no que ademais de eventos había fotografías, lugares e emocións, creamos un arquetipo, un personaxe que representase a todas as familias do grupo para contar a súa historia a traveso dunha ficción.

Foi o alumnado o que escolleu facer uunha curtametraxe de ficción e non documental, o cal, dende o punto de vista educativa ten moiats vantaxes, xa que permite unha maior aprendizaxe do alumnado no proceso grazas ás múltiples tarefas e dimensións implicadas: artística, loxística, social, tecnolóxica, etcétera.

 

  • A narración está contada dende a actualidade, ano 2021
  • O protagonista é Dani, interpretado por Dani García
  • Para a rodaxe empregamos moitos artefactos aportados por todo o equipo
  • Tamén buscamos documentos da época en arquivos como Galiciana
  • O primeiro antepasado que aparece é de 1931, época dos visavós do alumnado
  • Boa parte do atrezzo pertence a Xermolos
  • A personaxe de Magín está inspirada polo visavó do actor, Hugo Sanmartín
  • Para a escola empregouse a rectoral de Mariz, unha casa museo de Xermolos
  • O mestre está interpretado por Fernando Ulla, profesor de Historia e titor do grupo
  • As dúas campesiñas están interpretadas por Noemí Vázquez e Lucía Villar
  • A emigración é un dos eixos narrativos de toda a curta
  • O contexto apórtanno acontecementos reais como a proclamación da II República
  • O salón en Bos Aires está rodado na casa de Francisca Tomé
  • Este documento copia unha cédula real descargada de Galiciana
  • A casa museo de Mariz inclúe esta escola tradicional
  • O contraste entre pasado e presente reforzábase coas localizacións
  • Dani percorre os lugares da súa memoria familiar para entender o presente
  • A seguinte parada histórica é no 1961, recreando a xuventude da súa nai
  • Nesta escea, no Hotel Tomé, están Zeltia Lorenzo e Cristina Paderne
  • Zeltia interpreta á súa propia avoa, Mari Carmen, que emigrou a Alemaña
  • Seu irmán na vida real e na ficción é Brais Lorenzo
  • Todas as fotografías con protagonismo recrean fotos reais
  • Foi rodado por Raúl Paredes, Abel Pena. Pablo Buceta e Javier Mulet
  • O resto do queipo ocupouse de labores de produción
  • As cartas de chamada servían para poder sair de España durante o franquismo
  • O Hotel Tomé xa non existe como tal, pero consérvanse parte das instalacións
  • Non é a primeira vez que a Estación de Adif aparece nun proxecto do centro
  • O audio que aparece nesta escea é dunha web alemana
  • Unha pequena viaxe serviunos para imaxinar que sentirían ó marchar
  • Unha sensación que trataba de capturar Dani no seu traballo de Días Contados
  • As mensaxes de voz, tan populares entre os novos, serviron de fío condutor
  • A década dos 90 foi o tempo adolescente dos proxenitores deste alumnado
  • Coa curta descubriron obxectos que nunca tocaran, como os teléfonos fixos
  • Paula García interpreta aquí á súa propia nai, Mari, quen marchou estudar fóra
  • Marta Sanmartín foi outra das actrices desta etapa
  • O documental de Xermolos sobre o Casón contextualiza o momento histórico
  • A música ten moito protagonismo, aquí Aitor Pena facendo de pinchadiscos
  • Todas estas esceas graváronse no Pub Soa, un local clásico de Guitiriz
  • Jonathan Núñez acompaña a Dani na escea do casete
  • Ir a universidade foi un dos principais cambios nas familias do rural
  • Obxectos, música, fotos... esta historia ten pedaciños de todos e todas
1/41

O PROCESO

A pesares de que habitualmente se presta moita atención á rodaxe, neste obradoiro de audiovisual [dirixido por Cristina de la Torre], fixemos moito fincapé no proceso de escrita de guión. O alumnado participou activamente na escolla dos anos representados, a creación das personaxes e o que lles pasaba, os acontecementos que servirían para contextualizar cada época, as localizacións de Guitiriz que podiamos empregar e incluso as músicas e o estilo visual que servirían para darlle verosimilitude á historia.

Unha vez completado o guión, decidimos que alumno ou alumna interpretaría cada personaxe, se ben neste caso ó inspirarnos en persoas reais foron os seus descendentes os protagonistas da curta. Escollemos ó resto do casting, dividímonos por equipos e fixemos un plan de rodaxe no que cada quen tivese unha función.

Para a rodaxe empregamos tres días, desprazándonos a localizacións reais de Guitiriz como a antiga rectoral de Mariz, a estación de Adif, o Hotel Tomé ou o Pub Soa. A complicidade do pobo e das familias, que nos nutriron do atrezzo necesario, foi de novo unhas das claves para que o resultado fose espectacular. Crear comunidade educativa tamén é isto 🙂

 

A ESTREA

A estrea da peza foi un evento tamén diferente. Pola imposibilidade de xuntarnos para vela no salón de actos do centro, fixemos unha estrea online que foi seguida por todas as aulas do centroe. incluso as familias dende a casa. Este vídeo, pódese ver esa estrea cxompleta, incluindo a curta e o making off. Ademais da presentación inicial, hai un coloquio de todos os paticipantes falando do seu papel na produción (a partires do minuto 25). Todos os textos foron escritos polo propio alumnado.

 

CRÉDITOS

INTÉRPRETES
  • Dani García Cordeiro
  • Hugo Sanmartín Rodríguez
  • Zeltia Lorenzo Uriz
  • Paula García Graña
  • Jonathan Núñez Sanmartín 
  • Fernando Ulla Lorenzo
  • Noemí Vázquez Roca
  • Lucía Villar Martins
  • Cristina Paderne Roca
  • Brais Lorenzo Uriz
  • Marta Sanmartín Campello
  • Aitor Pena Piñeiro
CÁMARA
  • Raúl Paredes Rodríguez
  • Abel Pena Bodenlle
  • Pablo Buceta Servia
  • Javier Mulet Mayo
PRODUCIÓN
  • Natalia García Gutiérrez
  • Breixo Ferreiro Veres
  • Beltrán Salgueiro García
  • Carla Calvo Roca
  • Yago Martínez Pena
  • Catalina Dorcea 
  • Isabela Vélez Gallego
  • María Miragaya Pereira
  • Eva María Teijeiro Suárez
  • Érika Bao Castro
  • Laura Deive
PRODUCIÓN EXECUTIVA
  • Olga Aguiar Enríquez
  • Fernando Ulla Lorenzo
DIRECCIÓN E MONTAXE

Cristina de la Torre

MÚSICA
  • «Volver» Carlos Gardel, 1934
  • «Volver», Piñata Protest, 2013
  • «A Santiago voy», Novedades Carmiña, 2018
  • «A quien le importa», Alaska y Dinarama, 1986
  • «A quien le importa», Narco, 1998
  • «Friends will be friends« Queen, 1986
  • «Mi video no tiene mando a distancia»., Aerolíneas Federales, 1987
  • «Muinheira de interior», Boyanka Kostova, 2020
ARQUIVO E ATREZZO
  • Hemeroteca de La Voz de Galicia
  • Biblioteca Galiciana
  • Xermolos
  • Domid, Dokumentationszentrum und Museum über die Migration in Deutschland
  • Deustche Welle
  • Lucía Ferreiro Iglesias
  • Edu Poch
  • Obxectos das familias de Cristina la Torre Herrera, Hugo Sanmartín Rodríguez, Zeltia e Brais Lorenzo Uriz, Paula García Graña, Cristina Paderne Roca, Abel Pena Bodenlle, Lucía Villar Martins, Isabela Vélez Gallego, Carla Calvo Roca, Dani García Cordeiro, Beltrán Salgueiro García e Fernando Ulla Lorenzo.
LOCALIZACIÓNS
  • IES Poeta Díaz Castro
  • Antigo Hotel Tomé
  • Estación de Adif en Guitiriz
  • Tren de Renfe
  • Rectoral de Mariz
  • Pub Soa
  • Autobuses Muíños
GRAZAS A
  • Francisca Tomé Martínez
  • Pili Cruz
  • Aida Santoalla
  • Ana Lorenzo
  • Fátima Vázquez
  • Pedro Freire
  • Alfonso Blanco
  • Pub Soa
  • Xermolos
E UN AGRADECEMENTO ESPECIAL A
  • Magín Rivero Basalo
  • Mari Carmen Codesal Ulla
  • María Graña Abad