Karaoke A noite é
Este vídeo é o primeiro doutros que chegarán e no que vos invitamos a cantar a Díaz Castro. A canción é unha composición de Sandra Tenreiro, a profesora de música do centro. O poema A noite é forma parte de Nimbos, o único poemario que o autor publicou en vida.
O poema son so oito versos polo que vos invitamos a cantalo dúas veces. Tamén podedes descargar a música e máis as partituras. É unha actividade moi adecuada para rematar unha clase ou evento didáctico adicado ó autor, como comprobamos nesta presentación en Lugo.