A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Mirada poética en tempos da Covid

  • Vídeo de Cristina Paderne co poema «Coa caída da folla sen sabia», de Suso Talento
  • Vídeo de Paula García co poema «Os sicarios do silencio», de Amali@DR
  • Vídeo de Marta Sanmartín co poema «E agora que? Covid-19», de Maricarmen Santamarina
  • Vídeo de Hugo Sanmartín co poema «Desconfinando as eiras», de Luciano Monfadal
  • Vídeo de Hugo Sanmartín co poema «Desconfinando as eiras», de Luciano Monfadal
  • Vídeo de Érika Bao co poema «A poalla», de Enrique PImentel
  • Vídeo de Abel Pena co poema «Livres outra vez», de Tania Trigo
  • Vídeo de Yago Martínez co poema «Xúpiter salve ao monarca», de Clara Blanco
  • Vídeo de Natalia García co poema «Bicos baleiros», de Nerea Díaz Preciado
1/9

No ano 2020 a vila de Guitiriz encheuse de poemas pendurados das farolas nos que unha multitude de autores reflexionaban sobre a pandemia, o confinamento e.outras emocións xurdidas nos estranos tempos que nos tocaron vivir. Dende o aula de Lingua Galega, puxemos en práctica unha vez máis a nosa vontade de facer aulas fóra da clase e saimos co alumnado a descubrir esas poesías, propoñéndolles que escolleran unha para facer unha videocreación co que lles suxerira.

O resultado son unha serie de videopoemas que guionizaron, gravaron e editaron eles mesmos. Esta pequena iniciativa demostra unha vez máis como na educación máis que ensinar, debemos facilitar a aprendizaxe, a creatividade e a conexión co máis próximo.