O alumnado de 1º da ESO atópase dende hai unas anos cunha actividade moi especial no seu primeiro ano de instituto, a gravación e emisión pola radio de relatos interpretados por eles. A profesora responsable da actividade, Elena Haz, destaca que é unha aprendizaxe moi completa, e non so de linguas, tamén de ferramentas tecnolóxicas e traballo en equipo.
Esta actividade faise coa colaboración da Facultade de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela, onde se gravan os relatos nun estudio profesional. Despois son emitidos en Radio Vilalba Cadena Ser e todo o instituto se reúne para escoitalo en directo.