A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro
IES Poeta Díaz Castro

NDC, o telexornal do instituto

PRESENTACIÓN

Como parte da campaña DESCONECTA un grupo de alumnas de 1º da ESO realizou un telexornal ó que denominaron NDC, Novas Díaz Castro. A peza principal do informativo foi unha entrevista á orientadora do centro, Yolanda Barallobre, sobre o acoso nas redes. Tamén buscaron material sobre cuestións de saúde vinculadas ó uso dos móbiles, facendo unha peza propia e incluindo outra de Internet.

CLAVES

  • MATERIAS: Lingua Española, Lingua Galega, Valores.
  • CONTIDOS: Oralidade, comunicación, traballo en equipo, comunicación audiovisual.
  • SESIÓNS: 5 sesións. 1 dobre en común co aula sobre o uso dos móbiles e 3 sesións co grupo para facer o informativo.
  • NECESIDADES: Equipo de gravación (pode facerse con móbiles) e software de montaxe de vídeo.

OBXECTIVOS

  • Reflexionar sobre o uso das pantallas.
  • Participar dun proxecto común de centro facendo unha aportación propia.
  • Familiarizarse co formato audiovisual.
  • Desenvolver habilidades narrativas.
  • Responsabilizarse do éxito do proxecto.
  • Aprender a negociar e debatir co equipo.

COMO O FIXEMOS

  • Escollimos os temas sobre os que traballar, seleccionando os que podían ter un tratamento máis informativo
  • Decididmos con que formato tratariamos cada un: nova, entrevista, falso directo, etcétera.
  • Identificamos recursos de tempo e protagonistas para facer un plan de rodaxe.
  • Repartimos as tarefas: 2 redactoras, 2 presentadoras, 1 cámara, 2 produción e 1 directora.
  • Redactamos os textos e concretamos cando gravar.
  • Gravamos a entrevista con dúas cámaras (unha canon e un móbil), as presentacións, os recursos para a cabeceira, os recursos para as novas e o audio para a nova (tamén co móbil). Non nos deu tempo a facer unha das novas con material propio así que empregamos un vídeo de youtube.
  • Da montaxe ocupouse a coordinadora do obradoiro, respectando o gravado polo alumnado.

QUE DIFICULTADES XURDIRON

  • Complicacións técnicas á hora da rodaxe fixéronnos repetir a entrevista. Revisade ben que entra o audio!
  • Houbo algún deseño e gravacións que se perderon porque non plantexamos ben o fluxo de traballo para compartir arquivos.
  • Os horarios do centro condicionaban a disponibilidade de protagonistas e houbo que ser moi flexibles.
  • Fumos moi ambiciosos coa escaleta de contidos do informativo e non tiñamos tempo para facer todas as pezas pensadas.
  • O alumnado atopa dificultades á hora de saber buscar información fiable en Internet e identificar a fonte.

QUE OPORTUNIDADES OFRECE

  • Fomenta a creatividade para resolver imprevistos.
  • Obriga a traballar en equipo, repartindo tarefas e asumindo as decisións dos demais.
  • Manexamos a frustación cos erros técnicos, que seguramente os haberá.
  • Buscamos alternativas de contido para suplir as nosas carencias.
  • Poñemos o foco na autoría dos contidos entendendo que sempre “hai alguén” contando o que lemos / vemos / escoitamos.
  • Exercitamos a capacidade de síntese, a narración e a oralidade.

RECURSOS

  • Cámara, trípode e micrófono de solapa para a entrevista, e micrófono direccional para as presentacións.
  • Móbil para gravar imaxes de recurso e o audio da nova.
  • Focos para iluminar os sets de rodaxe.
  • Portátil e programa de edición.
  • Música para a cabeceira descargado de librerías de música libre e imaxes de Google Earth para a cabeceira.