A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Descubrir a Díaz Castro

Un poeta, nace ou faise?

Se queres coñecer a Xosé María Díaz Castro estás no lugar adecuado.

No curso 2013/14 realizamos este documental para reivindicar que se lle adicasen as Letras Galegas ao poeta dos Vilares… e conseguímolo! Pero Díaz Castro segue merecendo ser descuberto por novas xeracións, así que aquí tedes o documental e algúns xogos para facer a continuación e que vos axudarán a introducirvos no seu mundo poético.

Lembrade, podedes poñelo en pantalla grande!

A continuación tedes uns xogos para resolver no aula. Se estivestes atentos e atentas podedes facelos directamente dende esta web. En todo caso, na unidade didáctica que podedes descargar aquí, están as solucións:

UNIDADE DIDÁCTICA DESCUBRINDO A DÍAZ CASTRO

QUE SABEMOS DE DÍAZ CASTRO?

  • Onde naceu?
  • Cantas linguas falaba?
  • A que se dedicaba?
  • Cantos libros publicou?
  • Escribiu máis?
  • Que é un nimbo?

¿QUEN O DIXO?

  • “A infancia é a patria dun, son as raíces e queirámolo ou non, van con nós”
  • “A poesía é como agarrar a vida e dicir: eh! que nós estamos aquí e estamos pensando e sentindo isto… ”
  • “Un paso adiante e outro atrás, Galiza, e a tea dos teus soños non se move”
  • “Protagonista sen querer selo, cantos silencios nos contamos, e tan solitario, el pensa que non o escoitamos… ”

¿CAL FOI A PREGUNTA?

  • “El quería ser un poeta en galego, apostou polo noso idioma”
  • “Que faga un autor imprescindible da nosa literatura a un home dun so libro, é porque este libro é moi poderoso… ”
  • “Viñamos da ditadura, daquela noite escura […] e ler en galego ás veces convertíase nun desafío”
  • “Pois, porque somos o país do mundo –e dígoo así– que mesmo se quere a sí mesmo”

¿QUE RESPONDERÍAS TI?

  • Un poeta nace ou faise? Por que?
  • Como foi a infancia dos teus avós?
  • Describe un lugar poético, por que ese?
  • Onde ves ti nimbos de luz?

 

¿SOMOS POETAS?

¿SABEMOS RIMAR?

¿ATOPÁMOSLLE O SENTIDO?

 

E PARA REMATAR, CANTAMOS?