A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro
IES Poeta Díaz Castro

Aí ven Díaz Castro – Titorial

Esta actividade é a despedida do roteiro UN NENO DE ALDEA empregando a música e a actividade física.

PRESENTACIÓN

Que vos pareceu a aldea do neno Pepe? Agardamos que aprenderades cousas e tamén que fose divertido. Imos darlle a un dos vosos profesores este rosco sobre Díaz Castro para que comprobedes no camiño de volta que cousas sabedes sobre o poeta e o rural chairego de hai cen anos.

Na nosa web alusdomundo.com temos máis propostas didácticas, cancións e vídeos. Tamén podedes buscarnos en facebook e twitter onde subiremos fotos da vosa visita. Moitas grazas por vires.

Un neno de aldea_conclusion_02

ACTIVIDADE

E agora para despedirnos imos amosarvos unha canción que a nosa profesora de música compuxo cun poema de Díaz Castro. Pero ante simos dividirnos en 2 ou 3 filas por cores. A canción dí así (canta e o equipo repite):

HAI HOMES CHEOS DE SOMBRA (rep) / HOMES A CONTRALUS (rep) / QUE (rep)/ CHE (rep) / FAN VER A DEUS / COMO UN MAR DE LUS

Pero hai que poñerlle ritmo a esta música, é así (marcamos no chan dereita-esquerda con forza) E agora engadimos a letra (cantamos no sitio)

Xa estamos listos para avanzar pero non vai ser tan fácil, agora temos que agacharnos e meter entre as pernas a nosa man dereita para coller a man do de atrás. Agora, sí. Comezamos no sitio e cando teñamos o ritmo imos aló!

Un neno de aldea_conclusion_01

PASO A PASO NA VISITA GUIADA

  1. Introdución da despedida e presentación do rosco que damos a un profesor visitante
  2. Colocámolos ós visitantes en dúas ou tres filas por grupos de cores
  3. Explicamos a pauta da canción co equipo de a lus do mundo que fan as repeticións
  4. Probamos a canción con eles
  5. Explicamos a rutina do paso sen movernos do sitio e que o imiten
  6. Damos a última instrucción: agarramos as mans por entre as pernas
  7. Avanzamos cara o autobús cantando a canción e seguindo o paso
  8. Na porta do autobús loxística recolle as credenciais antes de que suban

MATERIAIS NECESARIOS

  • Rosco de Díaz Castro
  • Bolsa para gardar as credenciais

NOTAS

  • A posición final para camiñar é a mesma que a do xogo de “Aí ven mamá pato!”
  • O ritmo dos pés de esquerda-dereita clásico, tipo militar
  • Se a canción remata antes de que cheguemos ó autobús repetímolo
  • Na porta do bus loxística recolle os identificadores dos visitantes
  • Entrégaselle a un dos profesores visitantes o ROSCO de Díaz Castro para facer polo camiño
  • No autobús do noso equipo loxística recolle o material e os identificadores

DESCARGAS