A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Titorial «Os xogos do neno Pepe»

  • Adrián e Gabi explican os detalles desta actividade sobre xogos tradicionais e romaxes
  • Explicamos os xogos, a primeira romaxee decidimos quen apanda cun limbó
  • Xogamos á cadea demarcando ben o campo de xogo para non alongalo moito
  • No tirasoga poñemos máis xente no lado costa abaixo, a marca é a chave
  • O xogo de arricar cebolas debe facerse en silencio e con sacos debaixo
  • Na pita cega o silencio tamén é clave, so funciona se se coñecen antes
1/6

 MATERIAIS NECESARIOS

  • Pau para facer o limbó
  • Corda coa chave de Bascuas
  • Xiz para demarcar os campos de xogo
  • Pano para a pita cega
  • Manual en PDF parada 05

PASO A PASO

  1. Ter o material: corda coa chave, pau, cordas para marcar campo de xogo, e pano 
  2. Benvida diante da capela
  3. Explicación e execución de cada xogo
  4. Conclusión e despedida
  5. Preparámonos para a seguinte visita ou recollemos o material

NOTAS

  • Faremos tres xogos. A Pita Cega é a alternativa a Arrincar Cebolas se chove.
  • Tratar de limitar o espazo de xogo, senón poden prolongarse moito.
  • Se o prado está en mal estado, facer os xogos na estrada.
  • Os grupos que vaian rematando o roteiro serán mandados á capela, así que é posible ter espectadores.

PRESENTACIÓN

Nesta aldea había só tres casas pero chegou a haber ata nove cregos ao mesmo tempo e por iso coñecese como «O Vilariño dos Cregos». Díaz Castro tamén case se fai cura, pero non rematou o seminario. O que si facía era axudar como monaguillo nesta capela e seguro que ao rematar xogaría por aquí. Pensade que se as romaxes e as festas relixiosas son agora importantes, naquel tempo eran case o único lecer que existía. E ao rematar as misas todo era festa, baile e xogo.

E como xogaban? Pois co que tiñan, a natureza e a imaxinación, ademais dunhas pedras ou cordas. Igual que facían os nosos avós e visabós. Así que imos probar se siguen sendo xogos igual de divertidos. Imos facer catro xogos e con cada un delas imos explicarvos unha romaxe típica de Guitiriz.

ACTIVIDADE

A CADEA

No Buriz, moi preto de aquí, celébrase a romaxe do Carmio ou dos quintos. Os quintos son os homes que ían facer o servizo militar. Imos xogar a pillar en cadea para formar un exército. O que apanda ter que ir pillando collido da man dos que xa estean pillados. Cando haxa máis de catro na cadea pódese dividir.

E quen apanda? Para ir á mili había que ter unha altura e como aos máis altos cústalles agacharse, a proba é pasar polo limbó. O que non pase na segunda ronda apanda.

Un neno de aldea_xogos_04

TIRASOGA

Díaz Castro menciona nos seus poemas a romaxe de Bascuas. Nesa igrexa gárdase unha chave que cura a rabia nos animais e nas persoas. Quentábanna e a puñan na mordedura. Non sabemos se funcionaba pero a rabia, afortunadamente, xa está erradicada.

Imos competir por esa chave máxica co tirasoga. Hai que tirar da corda ata que a chavepase detrás da liña dun dos lados. Faremos dous grupos, dun lado os que teñan can e doutro os que non.

Un neno de aldea_xogos_05

ARRICAR CEBOLAS

Outra romaxe moi famosa en Guitiriz é a da Pastoriza, na igrexa de San Alberte. Acude xente con problemas de fala a beber da fonte para sanar. Por iso no seguinte xogo hai que estar ben calados.

O xogo chámase arrincar cebolas. Sentádevos en fila no chan agarrados pola cintura. Agora sodes cebolas e tedes que evitar que vos arrinquen. Tedes que estar caladas, se falades pasades a arrincar. Se vos levantan tamén axudades ó arrincador.E quen comeza arrincando? O que nacera máis preto do 20 de agosto que é o día no que se celebra a Pastoriza.

A PITA CEGA 

Outra romaxe de Guitiriz é a da Pastoriza, na igrexa de San Alberte. A ela acudía quen tiña problemas de fala a beber da fonte para sanar. No seguinte xogo hai que estar ben calados. Esta romaxe faise a finais de agosto, así que vai apandar quen nacera máis preto do 20 de agosto.

Vendámos os ollos de quen apande e rodeámola facendo un círculo collidos da man e moi calados para que non nos recoñezan pola voz. O monitor ponse ó lado da Pita Cega e dille:

– Pita cega, que perdiches?
– Unha agulla e un dedal
– Pois dá tres voltas e as atoparás

A persoa do centro ten que coller a alguén do círculo e recoñecelo tocándolle a cara coas mans.

Un neno de aldea_xogos_02

CONCLUSIÓN

Coñecedes máis xogos tradicionais á parte destes? Aquí en Gutiriz xogábase cos zancos, á petanca, ás bólas ou á mariola. Podedes preguntar na casa se coñecen os xogos que fixemos e tamén practicalos no voso centro. E agora, xa está ben de tanto xogar que naquela época a rapazada axudaba e moito no campo. Ide á seguinte parada ou se rematastes ata o punto da despedida. Grazas!