A lus do mundo

Tralas pegadas de Díaz Castro — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Les ou non les? – Titorial

  • Autora
    Leticia Barbadillo, Consuelo Yáñez, Carmen Marrondo, Víctor Pollán
  • Ideal para
    Calcular porcentaxes
  • Materias
    Roteiros
  • Descargas
    PDF
  • Compartir en
    facebook, twitter

Esta actividade é parte do roteiro UN NENO DE ALDEA. Foi ideada para destacar a importancia da escola e a educación na traxectoria de Díaz Castro.

PRESENTACIÓN

Sabedes de quen era esta casa? Parécevos unha casa de ricos ou de pobres? É da familia de Díaz Castro que eran labregos acomodados, con propiedades. Ademais, o pai de Díaz Castro era escribInte no Concello que daquela era Parga, non Guitiriz. Así que o neno Pepe creceu rodeado de libros, o cal non era moi habitual naquela época.

Díaz Castro aprendeu a ler e escribir nesta casa, que foi escola durante tres anos mentres construían a escola dos Vilares, que está a vinte minutos camiñando dende aquí. Esta é unha fotografía de Díaz Castro desa época nos Vilares. A dos Vilares era unha escola oficial pero naquela época tamén había escolas de ferrado, nas que se pagaba ós mestres con cereais.

Un neno de aldea_les ou non les_04

ACTIVIDADE

Canta xente credes que ía a escola hai cen anos? Ou cantos sabían ler e escribir? Mirade estes datos de 1920 na provincia de Lugo, cando Díaz Castro tiña 6 anos. Sabían ler e escribir o 68% dos homes e o 35% das mulleres. Esta claro que estudaban máis os nenos que as nenas, pero que nenos? Máis os ricos ou os pobres?

Un neno de aldea_les ou non les_06

Imos calcular cantos dos que estades aquí estariades na escola en 1920, pero antes imos darvos unha identidade co voso rol social. Agora imos dividirnos homes a un lado e mulleres a outro e preparar a nosa foto escolar de 1920. Tedes que decidir, cantos de vós e cales estudarían. Calculade primeiro cantos pola porcentaxe e despois cales, polo rol social. Os seleccionados poñédevos para a foto xunto ó mestre (un dos guías disfrazado) diante da casa de Díaz Castro.

Un neno de aldea_les ou non les_07

CONCLUSIÓN

Que diferencias hai entre esta foto e a de Díaz Castro? Efectivamente, na de Díaz Castro non hai rapazas xa que nenos e nenas recibían clase por separado. No noso caso falta tamén o crego. Naqueles anos a educación estaba controlada pola igrexa e a escola básica era aprender oracións, ler, escribir e facer contas.

Un neno de aldea_les ou non les_01

Agora imos escoller un cura entre todos vós. Algún voluntario? Xosé María! que non é outro que o propio Díaz Castro. Naquela época se eras bo estudante era habitual estudar para cura. Díaz Castro estivo cinco anos no seminario de Mondoñedo pero deixou o seminario trala Guerra Civil e  fíxose mestre e tradutor. No seminario aprendeu idiomas e coñeceu a moitos poetas. Pero el escribía poemas dende a escola, como este infantil que se atopou entre os seus cadernos:

A cabra tira pra o monte / xa o decían meus abós… / Consellos que os abós dan / moi sabios consellos son…

PASO A PASO NA VISITA GUIADA

  1. Colocar a corda do cadáver e separar as pistas en 2 grupos
  2. O guía que vai repartir os roles pon as gafas de mestre
  3. Benvida e explicación do xogo
  4. Separar o grupo en 2 divididos polo san xoán (24 xuño)
  5. Propoñer a cada grupo que empece nun punto diferente da vila
  6. Acompañar ó grupo e darlle as pistas cando acerten
  7. Reunirse de novo na aira cando reúnan as catro pistas
  8. Os visitantes forman a palabra no chan reunindo as letras
  9. Repartimos o poema de Penélope e que o lean o alto
  10. Facemos preguntas para decidir quen é a vítima no poema
  11. Despedimos e recollemos o material

MATERIAIS NECESARIOS

  • Tarxetas cos roles
  • Disfraces
  • Táboa coas porcentaxes de 1920
  • Foto de Díaz Castro na escola

NOTAS

  • Mentres un guía presenta o outro conta o grupo e prepara os roles que vai repartir.
  • Preparar a metade de roles de mulleres e a metade de homes. Os anfitrións tamén xogan.
  • O guía que reparte os roles é o mestre, pon as gafas, e estará na foto
  • O rol de Xosé María hai que repartilos sempre. Ter na man a foto coas estatísticas para que a consulten.
  • Intentar dar rol de muller ós homes e viceversa
  • Tras repartir os roles, primeiro que razoen cantos estudarían e despois cales
  • Damos o disfraz de cura a quen sexa Xosé María explicando que non chegou a ordearse.

DESCARGAS

  • Tarxetas cos roles
  • Táboa coas porcentaxes de 1920 e foto de Díaz Castro na escola
  • Manual LES OU NON LES para o roteiro guiado