A lus do mundo

Tralas pegadas de Díaz Castro — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

O crime do Vilariño – Titorial

  • Autor
    Santiago Dans, Leticia Barbadillo
  • Ideal para
    Identificar patrimonio
  • Materias
    Roteiros
  • Descargas
    PDF
  • Compartir en
    facebook, twitter

Esta actividade é parte do roteiro UN NENO DE ALDEA. Foi ideada para destacar que Díaz Castro empregaba termos agrícolas e da arquitectura popular nos seus poemas.

PRESENTACIÓN

Hai moitos anos nesta aldea cometeuse un crime, o crime dos sucos. Sabedes o que é un suco? Exacto, un rego feito na terra para botar semente. Díaz Castro empregaba moito a palabra suco nos seus poemas. De feito, a agricultura e a arquitectura tradicional estaban moi presentes nos seus poemas. E van ser eses elementos os que nos axuden a resolver este crime.

Un neno de aldea_crime_01

ACTIVIDADE

Imos entregarvos esta guía con elementos da arquitectura tradicional presentes no Vilariño, tedes que atopalos e resolver as preguntas que están na parte de atrás. Se o facedes, darésmosvos pistas para resolver o crime. Imos dividirnos en 2 grupos e cada un grupo terá que conseguir catro pistas, recibiredes unha por cada elemento descrito.

Para dividirnos poñémonos dun lado os que naceron antes de San Xoán e do outro os que naceron despois. Agora cada grupo irá cun guía e buscará por zonas diferentes do pobo. Cando teñades suficientes pistas reunirémonos de novo aquí.

Un neno de aldea_crime_08

CONCLUSIÓN

Que palabra é posible formar coas palabras que conseguistes entre os dous grupos? PENÉLOPE é un nome de muller. Coñecedes a algunha Penélope da historia da literatura? Era a muller de Ulyses, da Odisea de Homera, a que o agardaba tecendo e destecendo. É tamén o título do poema máis famoso de Díaz Castro e que imos ler entre todos para saber se ten algún crime oculto.

Un neno de aldea_crime_11

Preguntas de comprensión trala lectura do poema:

  • Quen é “Penélope” no poema? (Galiza, que vai adiante e atrás como Penélope tecendo)
  • É a vítima ou a culpable? (É a vítima da súa propia historia)
  • Cal sería o crime? (A emigración, o atraso dunha terra agraria que nunca esperta)

Agora que xa resolvimos o crime dos sucos podedes seguir co voso descubrimento desta aldea ou se rematastes, voltar á capela.

PASO A PASO NA VISITA GUIADA

  1. Colocar a corda do cadáver e separar as pistas en 2 grupos
  2. Benvida e explicación do xogo
  3. Separar o grupo en 2 divididos polo san xoán (24 xuño)
  4. Propoñer a cada grupo que empece nun punto diferente da vila
  5. Acompañar ó grupo e darlle as pistas cando acerten
  6. Reunirse de novo na aira cando reúnan as catro pistas
  7. Os visitantes forman a palabra no chan reunindo as letras
  8. Repartimos o poema de Penélope e que o lean o alto
  9. Facemos preguntas para decidir quen é a vítima no poema
  10. Despedimos e recollemos o material

MATERIAIS NECESARIOS

  • 2 cordas para debuxar o cadáver
  • Pistas (letras PENÉLOPE)
  • 2 libretas ebolis
  • 2 guías plastificadas da arquitectura

NOTAS

  • Debuxar na aira o cadaver cunha corda para impresionar o grupo cando chegue.
  • Os guías acompañan ós grupos. Poden ir facendo as preguntas e axudando coas respostas.

DESCARGAS

  • Fichas da arquitectura popular
  • Poema de Penélope
  • Manual O CRIME DE SUCOS para o roteiro guiado