A lus do mundo

Tralas pegadas de Díaz Castro — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Os xogos do neno Pepe – Titorial

  • Autora
    Leticia Barbadillo, Cristina de la Torre
  • Ideal para
    Xogar con contexto
  • Materias
    Roteiros
  • Descargas
    PDF
  • Compartir en
    facebook, twitter

Esta actividade forma parte do roteiro UN NENO DE ALDEA. Destaca o vínculo entre relixiosidade e socialización que había no mundo rural e os amosa xogos tradicionais.

PRESENTACIÓN

A esta aldea na que estamos chámanlle O Vilariño dos Cregos, porque entre as tres familias que vivían aquí chegou a haber nove cregos. Dous deles fundaron en 1792 esta capela na que o neno Pepe (Díaz Castro),a xudaba á misa como monaguillo. Naquel tempo a vida social estaban moi ligadas ós eventos relixiosos, algo que en Galicia aínda pasa moito. Hai moitas romaxes que ademais de ter un motivo relixioso son tamén unha ocasión para xantar e bailar, ou no caso dos nenos, xogar.

Cando Díaz Castro era un cativo os nenos divertíanse co que tiñan, que non era moito máis que a imaxinación e unhas cordas. Así que imos xogar coma eles, relacionando algúns xogos tradicionais coas romaxes que Díaz Castro mencionaba no seus poemas.

ACTIVIDADE

A CADEA

No Buriz celébrase a romaxe do Carmio, coñecida tamén como a dos quintos. Os quintos son os homes que eran mandados a facer o servizo militar. Así que imos crear o noso exército xogando á cadea. Consiste en ir pillando levando sempre da man ós que se vai collendo. O Cando haxa máis de catro persoas na cadea pódese dividir para seguir pillando xente. Non podemos sair da da zona marcada na estrada.

E quen apanda? Para ir á mili había que ter unha alturae como ós máis altos cústalles máis agacharse, a proba é pasar polo limbó.  O que non pase na segunda ronda apanda.

Un neno de aldea_xogos_04

TIRASOGA

Díaz Castro menciona nos seus poemas a romaxe de Bascuas. Na igrexa de Bascuas gárdase unha chave que din que ten o poder de curar a rabia nos animais e nas persoas. Para iso no día da romaxe quentábase a chave e púñase na fronte dos cans ou onde a persoa fora mordida. A rabia é unha enfermidade que xa está erradicada, pero a romaxe de Bascuas segue celebrándose.

Imos competir por esa chave co tirasoga. O reto é tirar da corda na que hai unha chave pendurada do punto intermedio. Gañará o que leve a chave por detrás da súa liña. Para xogar faremos dous grupos, dun lado os que teñan can e doutro os que non.

Un neno de aldea_xogos_05

A PITA CEGA 

Outra romaxe de Guitiriz é a da Pastoriza, na igrexa de San Alberte. A ela acudía quen tiña problemas de fala a beber da fonte para sanar. No seguinte xogo hai que estar ben calados. Esta romaxe faise a finais de agosto, así que vai apandar quen nacera máis preto do 20 de agosto.

Vendámos os ollos de quen apande e rodeámola facendo un círculo collidos da man e moi calados para que non nos recoñezan pola voz. O monitor ponse ó lado da Pita Cega e dille:

– Pita cega, que perdiches?
– Unha agulla e un dedal
– Pois dá tres voltas e as atoparás

A persoa do centro ten que coller a alguén do círculo e recoñecelo tocándolle a cara coas mans.

Un neno de aldea_xogos_02

CONCLUSIÓN

Coñecedes máis xogos tradicionais á parte destes? Aquí en Gutiriz xogábase cos zancos, á petanca, ás boolas ou á mariola. Podedes preguntar na casa se eles xogaban a algún destes xogos e practicalos no voso centro. De todas maneiras na época na que creceu Díaz Castro non todo era xogar. Os nenos tiñan que axudar moito nos labores do campo. Este roteiro polo Vilariño dos Cregos é unha maneira de descubrir máis sobre ese mundo rural.

PASO A PASO NA VISITA GUIADA

  1. Marcamos con xiz o campo de xogo para o tirasoga e para a cadea
  2. Preparamos a corda coa chave no medio
  3. Damos a benvida e contamos a introdución ó grupo
  4. Un guía introduce os xogos e o outro o dirixe
  5. Adicamos sobre 5 minutos a cada xogo
  6. Facemos a conclusión
  7. Recollemos o material

MATERIAIS NECESARIOS

  • Pau para facer o limbó
  • Corda coa chave de Bascuas
  • Xiz para demarcar os campos de xogo
  • Pano para a pita cega
  • Sacos para as cebolas

NOTAS

  • Faremos tres xogos. O da PitaCega é a alternativa ó de arrincar cebolas se chove.
  • Limitar moi ben o espazo nos xogos para que non duren demasiado
  • Posibilidade de te runha alfombra para xogar a arrincar cebolas
  • Se o prado está en malestado facemos os xogos na estrada
  • Os grupos que rematan o roteiro agardan na capela, así que podemos ter espectadores

DESCARGAS