Titorial «Aí ven Díaz Castro»
- Proxecto
Díaz Castro - Autoría
Noemí Fernández, Sandra Tenreiro - Ideal para
Facer da poesía un himno - Materias
Educación Física, Música, Roteiros - Cursos
Curso 2015/16 - Compartir en
facebook, twitter
MATERIAIS
PASO A PASO
- Introdución da despedida e presentación do rosco que damos a un profesor visitante
- Colocámolos ós visitantes en dúas ou tres filas por grupos de cores
- Explicamos a pauta da canción co equipo de a lus do mundo que fan as repeticións
- Probamos a canción con eles
- Explicamos a rutina do paso sen movernos do sitio e que o imiten
- Damos a última instrucción: agarramos as mans por entre as pernas
- Avanzamos cara o autobús cantando a canción e seguindo o paso
- Na porta do autobús loxística recolle as credenciais antes de que suban
NOTAS
- A posición final para camiñar é a mesma que a do xogo de “Aí ven mamá pato!”
- O ritmo dos pés de esquerda-dereita clásico, tipo militar
- Se a canción remata antes de que cheguemos ó autobús repetímolo
- Na porta do bus loxística recolle os identificadores dos visitantes
- Entrégaselle a un dos profesores visitantes o ROSCO de Díaz Castro para facer polo camiño
- No autobús do noso equipo loxística recolle o material e os identificadores
PRESENTACIÓN
Que vos pareceu a aldea do neno Pepe? Agardamos que aprenderades cousas e tamén que fose divertido. Imos darlle a un dos vosos profesores este rosco sobre Díaz Castro para que comprobedes no camiño de volta que cousas sabedes sobre o poeta e o rural chairego de hai cen anos.
Na nosa web alusdomundo.com temos máis propostas didácticas, cancións e vídeos. Tamén podedes buscarnos en facebook e twitter onde subiremos fotos da vosa visita. Moitas grazas por vires.
ACTIVIDADE
E agora para despedirnos imos amosarvos unha canción que a nosa profesora de música compuxo cun poema de Díaz Castro. Pero ante simos dividirnos en 2 ou 3 filas por cores. A canción dí así (canta e o equipo repite):
HAI HOMES CHEOS DE SOMBRA (rep) / HOMES A CONTRALUS (rep) / QUE (rep)/ CHE (rep) / FAN VER A DEUS / COMO UN MAR DE LUS
Pero hai que poñerlle ritmo a esta música, é así (marcamos no chan dereita-esquerda con forza) E agora engadimos a letra (cantamos no sitio)
Xa estamos listos para avanzar pero non vai ser tan fácil, agora temos que agacharnos e meter entre as pernas a nosa man dereita para coller a man do de atrás. Agora, sí. Comezamos no sitio e cando teñamos o ritmo imos aló!