Caleidociclo de identidades notables
- Proxecto
Desconecta - Ideal para
Traballar algún contido moi concreto que coste dixerir. - Materias
Matemáticas - Cursos
3º ESO, Curso 2018/19 - Compartir en
facebook, twitter
PRESENTACIÓN
A idea é utilizar as virtudes da papiroflexia, en canto a terapia antiestrés, alternativa de ocio moi saudable e convertela nunha ferramenta para traballar algún contido que costa asimilar pola maioría da clase ou ben fixar algo concreto. Isto é facilmente adaptable a calquera materia. Ao mesmo tempo traballamos algo que moitos estudos indican que esta empeorando coas novas xeracións, a psicomotricidade fina, o traballo manual. Permite tamén un día de traballo cunha dinámica moi agradecida para o alumno.
CLAVES
- MATERIAS: Matemáticas (neste exemplo concreto), plástica (polas grandes posibilidades artísticas dos caleidociclos) e calquera materia en xeral.
- CONTIDOS: Identidades notables. Xeometría do espazo. Poliedros.
- SESIÓNS: 1 sesión
- NECESIDADES: Plantilla caleidociclo en papel adaptada ao contido, tesoiras e pegamento.
OBXECTIVOS
- Recoñecer figuras xeométricas sinxelas na formación de outras máis complexas, e as súas posibles aplicacións tanto no deseño artístico como industrial ou na arquitectura.
- Valorar a papiroflexia e en xeral os traballos manuais como unha alternativa de ocio interesante, recoñecendo as súas virtudes
- Utilizar con soltura as identidades notables.
PASO A PASO
01. PREPARATIVOS
Breve introdución do que son os caleidociclos coa presentación de exemplos que ilustren as súas posibilidades.
Plantilla adaptada ao contido concreto. Ver na imaxe como os rombos da mesma cor son os que aparecerán presentados xuntos na mesma cara.
Pódese descargar o pdf para esta actividade concreta.
02. DESENVOLVEMENTO
Entregar a cada alumno unha plantilla do caleidociclo para que recorte, dobre e pegue para a montaxe seguindo as instruccións.
03. AVALIACIÓN
Mediante a obsevación na sesión correspondente e o caleidociclo rematado. Para o contido observar o efecto nas seguintes actividades relacionadas co contido concreto.
EXPERIENCIAS
As dinámicas deste tipo sempre son moi agradecidas polo alumnado en xeral, trátase dun traballo entretido e divertido, unha forma de aprender xogando. Nesta actividade pódese comprobar os moi distintos niveis de habilidade manual que posúen os alumnos, e a capacidade á hora de poñer en práctica estratexias para resolver problemas. PDF da experiencia. / GIF da experiencia.
CONCLUSIÓNS
Unha forma divertida de traballar un contido, cun producto final co que o alumnado soe sentirse satisfeito.
Variando o contido no caleidociclo poderíase adaptar a calquera matería sen problema, e cuestión de imaxinación e creatividade.
Sería interesante a posibilidade de que fosen os propios alumnos os que diseñasen o seu caleidociclo cun contido propio, a aprendizaxe sería netamente superior.