A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Reactivación dos roteiros

Este curso 2021-22 foi o de regreso a unha certa normalidade tralas restriccións da pandemia así que no IES Poeta Díaz Castro aproveitamos para reactivar unha das nosas actividades máis innovadoras, os roteiros da Lus do Mundo. Como sabedes, trátase de dúas iniciativas desenvoltas no 2014, cando Xosé María Díaz Castro foi homenaxeado coas Letras Galegas e que ten convocado no noso centro a máis de mil estudantes de toda Galicia.

No 2019, como cada curso, o grupo de 3º de ESO prepararase para ser guías dos roteiros pero todo se paralizou coa Covid, así que dous anos despois o mesmo alumnado, xa en 1º de BAC, tivo a oportunidade de retomar aquela experiencia. Foi coa axuda dos Contrato Programa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e a colaboración de Cristina de la Torre, quen coordinou a revisión de contidos, preparativos e realización de novos elementos promocionais e divulgativos.

QUE TEMOS E COMO MELLORALO

1/16

Unha vez definidas as necesidades e as posibilidades de poñer en marcha o roteiro, decidiuse neste curso facer só o da vila de Guitiriz, por ter menores requerimentos loxísticos e porque o número de alumnado implicado era tamén inferior en BAC que cando estaban na ESO.

Fixéronse novos equipos, repartíronse as tarefas e plantexouse un calendario de actividades que incluiu tres visitas guiadas, a realización dun spot, a configuración de visitas virtuais en Google earth e google maps, a maquetación de mensaxes para un photocall, actualizar o libro de visitas e rematar o cartaz de benvida que volverá a empregarse no curso 2022-23.

1/5

RESULTADO

O resultado deste traballo de mellora xa está incorporado ás respectivas páxinas dos roteiros con enlaces ás visitas virtuais, xunto cos axustes dalgúns dos contidos a proposta do novo profesorado incorporado á dinámica e que axudará a que no próximo curso se poda comezar a traballar co relevo coa nova equipa de 3º de ESO. Ese alumnado foi de feito o primeiro en desfrutar da visita guiada dos seus compañeiros, xunto con rapazada do CEIP Lagostelle de Guitiriz, o IES Ánxel Fole de Lugo e o IES Monelos da Coruña, que viñeron en sucesivas citas.

 

1/20

En canto ao legado desta equipa, é o seguinte:

  • https://cutt.ly/kKn0FdZ
  • https://cutt.ly/AKn0OaD
  • https://goo.gl/maps/Fq9Y662t7GseR4JC7
  • https://goo.gl/maps/LJgVBKn3mn4ES97t5
1/10