Un novo espazo de socialización
- Proxecto
Coidados, Desconecta, Polos Creativos, SlowLife - Autoría
Susana Vázquez Regueiro - Duración
Un curso - Ideal para
Mellorar o benestar emocional da comunidade educativa - Materias
Proxectos - Cursos
Todos - Compartir en
facebook, twitter
A innovación require que esteamos en constante formación, como profesorado: Experiencia formativa (dentro do noso PFPP) coa comunidade.
CLAVES
- MATERIAS: Experiencia interdisciplinaria e de inclusión. Formación do profesorado.
- SESIÓNS: As precisas para a implementación.
- NECESIDADES: Aspectos organizativos de centro, colaboración de profesorado, alumnado, familias e expertos.
OBXECTIVOS
- Crear un espazo de socialización e traballo por intereses.
- Potenciar a participación dos diferentes sectores da comunidade educativa na organización e toma de decisións do centro.
- Enriquecer a dinámica de formación do equipo docente, aplicándoo ao centro e á comunidade educativa (Proxecto de Formación Permanente do Profesorado).
PASO A PASO
01. PREPARATIVOS
Desde o mes de novembro, o profesorado implicado no Proxecto de Formación vén desenvolvendo actividades de deseño de espazos e a súa potencialidade na socialización do alumnado e na participación da comunidade educativa.
02. DESENVOLVEMENTO
Desde hai anos vimos formándonos, como equipo docente, na creación de espazos de socialización e aprendizaxe.
Para este curso tiñamos pendente a creación dun que contribúa ao benestar emocional da comunidade, creando un aula na que alumnado e profesorado podan acceder ao coñecemento desde unha perspectiva máis integral ou ben que podan encontrar un momento de benestar para continuar a xornada.
Pensamos, de cara ao novo curso, desenvolver sesións de Mindfulness alí, durante os leceres, e sesións deliberativas, círculos de diálogo…
Neste curso 2024/25 organizamos o deseño así como a tipoloxía de usos.
Para a finalización dos planos contamos coa habilidade e profesionalidade da nosa compañeira de FP Carolina Cabaleiro:
03. AVALIACIÓN
Agardamos crear este espazo durante o mes de xullo de 2025, co cal a avaliación queda pendente ata o inicio do novo curso.
EXPERIENCIAS
A participación comunitaria é un dos obxectivos marcados, a partir deste curso, no proxecto Polos Creativos. Esta foi unha experiencia de deseño, implementación e avaliación de ideas que partiu da toma de decisións colectiva.
CONCLUSIÓNS
Magnífica experiencia de colaboración e deseño.
Política Educativa,