IV Feira de Proxectos Díaz Castro
Unha mostra dos nosos proxectos, aberta á comunidade educativa, en formato de Feira!
CLAVES
- MATERIAS: Experiencia interdisciplinaria e de inclusión, aberta ás familias e institucións da contorna
- SESIÓNS: Unha semana de preparación e un día de celebración.
- NECESIDADES: Aspectos organizativos de centro, colaboración de profesorado, alumnado e familias.
OBXECTIVOS
- Dar a coñecer os proxectos do centro.
- Empoderar ao alumnado ao difundir a calidade do seu traballo.
- Potenciar a oralidade, como liña vehicular do quefacer diario.
PASO A PASO
01. PREPARATIVOS
Durante todo o curso desenvolvimos diferentes proxectos que se foron materializando e, nalgún caso, converténdose en espazos concretos do centro educativo.
Cómpre salientar os seguintes:
- Dinamización da Lingua
- O taller de fabricación mecánica, para crear, con vistas ao desenvolvemento profesional.
- Meteorólogos guitiricenses
- Tecnopoetas
- Rincón da Natureza
- O noso mar
02. DESENVOLVEMENTO
Durante o mes de xuño fomos dando forma a unha sorte de Feira de Proxectos, a nivel deseño, que recollera a xeralidade de traballos e na que puidese estar representado case todo o noso alumnado.
A semana do fin de curso foi de moito movemento, intentando cadrar horas para os ensaios e preparación de materiais.
O día 19 de xuño, desde as 12:00, desenvolvimos a Feira, co acompañamento dunha boa representación das familias.
A comunidade, repartida en grupos, foron visitando, en itinerarios secuenciados, os seis stands, coñecendo os proxectos e participando, nalgúns, das tarefas propostas.
CONCLUSIÓNS
Magnífica experiencia de colaboración co alumnado e profesorado que contou coa participación das familias e das institucións da contorna.
Política Educativa,