Titorial «O crime dos Sucos»
- Proxecto
Díaz Castro - Ideal para
Observar e identificar o patrimonio - Materias
Arte, Bioloxía, Historia, Roteiros - Cursos
Curso 2015/16 - Compartir en
facebook, twitter
MATERIAIS NECESARIOS
- 2 cordas para debuxar o cadáver
- Pistas (letras PENÉLOPE)
- 2 libretas e bolis
- 2 guías da arquitectura popular
- 2 poemas de Penélope
- Manual parada 03
PASO A PASO
- Comprobar que temos todo o material antes de ir ao vilariño
- Situarnos nun lugar da aira que nos vexan cando van chegando
- Temos a corda do cadáver no centro e o grupo ponse arredor
- Presentación e explicación do xogo
- Separar por grupos divididos polo san xoán (24 xuño)
- Insistir en que se fixen nos elementos cando camiñan a aldea
- Cada guía acompaña a un grupo coa metade das pistas
- Cando as consigan todas reunirse de novo na aira
- Formar a palabra no chan reunindo as letras de todos
- Repartimos o poema de penélope e que o lean o alto por estrofas
- Conclusión e preguntas de comprensión
- Preparámonos para a seguinte visita ou recollemos o material
NOTAS
- Debuxar na aira o cadaver cunha corda para impresionar o grupo cando chegue.
- Os guías acompañan ós grupos. Poden ir facendo as preguntas e axudando coas respostas
PRESENTACIÓN
Hai moitos anos nesta aldea cometeuse un crime, o crime dos sucos.
Sabedes que é un suco? Un rego feito na terra para botar semente. Unha palabra, por certo, que Díaz Castro empregou moito na súa poesía. E onde víu facer un suco por vez primeira? Pois posiblemente por aquí, preto desta aira, onde se mallaba o cereal, e pertencía á súa familia.
ACTIVIDADE
Para resolver este crime tedes que conseguir pistas atopando elementos na aldea que poderían ser da época de Díaz Castro. Elementos de arquitectura tradicional do rural galego que primeiro hai que atopar e despois razoar respostas ás preguntas que teñen por detrás para conseguir unha pista.
Imos dividirnos en 2 grupos, os que naceran antes de san Xoán dun lado e os naceran despois doutro. Cada grupo vai cun de nós e ten que conseguir 4 pistas. Ah! e non vale parar onde xa estea o outro grupo.
Abride ben os ollos e cando teñades as pistas vémonos aquí de novo.
CONCLUSIÓN
Imos xuntar as letras de todos. Que palabra é posible formar?PENÉLOPE. É un nome de muller e podería ser o da vítima do crime ou o da culpable… Para decidilo imos ler o poema máis famoso de Díaz Castro e que se chama precisamente así, Penélope.
E agora axudámosvos con estas preguntas a descifrar o crime:
- Coñécedes o mito de Penélope? (É a muller de Ulises, un mito da literatura grega. Ulises é o heroe e Penélope agarda por el facendo e desfacendo unha tea para non tomar unha decisión)
- Quen pode sere “Penélope” no poema? (Galiza, que vai adiante e atrás como Penélope tecendo)
- É a vítima ou a culpable? (É vítima da súa propia historia)
- Cal sería o crime? (A emigración, o atraso dunha terra agraria que nunca esperta)
Agora que xa resolvimos o crime dos sucos podedes facervos unha foto e seguir co voso descubrimento do mundo rural. Se rematastes o roteiro, podedes ir ao punto da despedida.