A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Titorial «O léxico de Díaz Castro»

  • Aida e Zaida explícannos como xogar ó bingo das palabras de Díaz Castro
  • Na Casa das Palabras damos a benvida e presentamos a Alfonso Blanco se está connosco
  • Tralas explicacións deixamos un rato para que miren as vitrinas ó seu aire
  • Para xogar ó bingo das palabras sentámolos na mesa e reciben un cartón e as fabas
  • Tras comprobar o bingo aclaramos a que palabra corresponden as definicións que sairan
  • Cando remata a actividade repartimos a torta de Guitiriz
1/6

MATERIAIS NECESARIOS

  • Bolsa do bingo coas bolas e fabas
  • Descripcións do bingo
  • Cartóns con palabras para cubrir
  • 3 tortas de Guitiriz ( 1 por grupo)
  • Manual parada 04

PASO A PASO

  1. Temos as cadeiras na mesa e os postos de bingo listos con cartón e fabas
  2. Cando chegan facémoslles un pequeno percorrido pola casa das palabras
  3. Sentámolos arredor da mesa e facemos presentación e explicación da actividade
  4. Xogamos ata que alguén canta bingo
  5. Compróbamos que o bingo é correcto lembrando o significado de cada palabra
  6. Facemos unha segunda ronda
  7. Facemos a conclusión aclarando as palabras
  8. Pedímoslles que escollan unha palabra e que a poñan no pasaporte 
  9. Repartimos a torta de Guitiriz
  10. Despedimos

NOTAS

  • Facemos un pequeno percorrido pola Casa das Palabras
  • Despois sentámolos na mesa para xogar ó bingo
  • Os cartóns e as fabas xa están na mesa
  • Unha das guías saca un número, a outra le a definición da palabra
  • A que vai saca os números que anote as palabras que saen para a comprobación

PRESENTACIÓN

Benvidos á Casa das Palabras, unha iniciativa de Xermolos, a Asociación Cultural creada por Alfonso Blanco, que é un dos responsables de que hoxe coñezamos a Díaz Castro, xa que recuperou a súa figura e obra para Galiza.

Cando regresou a Guitiriz, Díaz Castro pasaba moito tempo na biblioteca que hai do outro lado e nesta sala fíxoselle a súa última homenaxe, en 1990, uns meses antes da súa morte.

Xermolos é depositario do legado de Díaz Castro e conservan libros, cartas, fotografías e ata o seu sombreiro, vinde velo… Estas vitrinas están cheas de cousas del. Mirade, esta é unha primeira edición de Nimbos do ano 1961.

Xa vedes que aquí hai un auténtico museo e non só de Díaz Castro, tamén doutros autores da Terra Chá, como Manuel María. Botade un vistazo e despois sentámonos para o xogo.

ACTIVIDADE

Agora imos xogar un bingo. Pero o bingo do léxico de Díaz Castro. Nos cartóns tedes palabras que el usaba nos poemas. Algunhas ao mellor non vos soan porque son do galego chairego, pero imos probar.

Con cada número que saquemos imos ler unha definición. Se credes que esa definición se corresponde cunha palabra do voso cartón, marcádea. Cando teñades todas, cantade bingo. Comezamos. (Comezamos o bingo ata que alguén canta, despois lemos as definicións)

Cantaron bingo! Agora imos comprobar que é correcto e volver ler as definicións. Outra ronda?

CONCLUSIÓN

Hai algunha palabra que non saibades o que é? Imos lelas todas. Cal vos sorprendeu máis? Anotádea no pasaporte. E antes de marchar, aquí tedes o premio, imos probar a torta de millo típica de Guitiriz. (Repartimos a torta, cando rematen despedimos)

Grazas por vir e lembrade que A Casa das Palabras está sempre aberta!