Titorial de «Sopa de versos»
- Proxecto
Díaz Castro - Autoría
Leticia Barbadillo, Elena Haz, Cristina de la Torre, - Ideal para
Formar grupos para unha actividade - Materias
Lingua, Literatura, Roteiros - Cursos
Curso 2015/16 - Compartir en
facebook, twitter
MATERIAIS
- Tarxetas do xogo
- Resultado dos versos
- Mapa das visitas Vilariño
- Manual parada 01
- Un exemplar de Nimbos
PASO A PASO
- Calcular cantas tarxetas hai que dar para facer grupos equilibrados
- Repartir a solución dos versos ós anfitrións
- Presentación e explicación dentro do bus sen que baixen
- Indicarlles que teñen que ir á capela a resolver o xogo
- Repartir as tarxetas mentres saen do bus alternando cores
- Os anfitrións agardan na capela coa solución no peto
- Cada anfitrión leva unha cor indicando o grupo que leva
- Axudar aos visitantes fronte a capela a formar os versos
- Facemos un círculo e que cada grupo diga o seu verso en alto
- Explicamos a conclusión do xogo e os obxectivos da visita
- Indicámoslles que as cores son os grupos e dámoslles o mapa
- Colocámonos para un foto de grupo e despedímolos
- Recollemos o material sobrante
NOTAS
- Hai 4 cores para dividir os visitantes en 4 grupos e que fagan as actividades de forma simultánea. Hai tarxetas para un máximo de 60 participantes.
- Se hai poucos participantes é mellor facer menos grupos eliminando unha das cores para que nos xogos haxa sempre un mínimo de 8 persoas
- Se o número de participantes non é múltiplo de tres os guías da primeira parada collen o verso sobrante e únense a un dos grupos.
- Levamos o poemario de Nimbos na man para amosalo.
- Non entregamos os mapas ata o final para que estean expectantes ata o final da conclusión.
PRESENTACIÓN
Pode un neno de aldea ser poeta? De seguro que si e imos comprobalo.
Estamos no Vilariño dos Cregos. Aquí naceu o poeta Xosé María Díaz Castro en 1914. Creceu nesta pequena aldea, onde lle chamaban o neno Pepe. Viviu en Mondoñedo, Vilagarcía e Madrid, pero sempre que podía volvía aquí, ao mundo que lle inspirou os versos do seu único poemario, Nimbos.
ACTIVIDADE
Para entrar no mundo da súa infancia ides recibir unha parte dun verso e para completalo tedes que atopar outras dúas pezas. Se sodes 1 amarelo, teredes que atopar o 2 amarelo e o 3 amarelo que conformen un verso de Díaz Castro. Tódolos versos están divididos en 3 partes, atopade as outras 2 que vos completan
Mirade un exemplo:
Agora mentres saídes do autobús recibiredes a vosa parte da SOPA DE VERSOS e para facer o xogo tedes que ir ata a capela onde atoparedes un anfitrión da Lus do Mundo que vos axudará a resolvelo.
CONCLUSIÓN
Para escoitar os versos que formastes poñémonos co grupo da nosa cor e imos recitando en alto para escoitalos todos e comprobar se acertastes […]
Estes versos forman parte de Nimbos, o único libro que Díaz Castro publicou en vida. Como sabedes, no ano 2014 dedicóuselle o Día das Letras Galegas e publicáronse algúns poemas inéditos escritos aquí, no Vilariño, onde escribía sentado nas fontes, ou nas airas.
Así que agora imos coñecer a súa aldea imaxinando como era hai cen anos. Neste mapa tedes un itinerario para cada grupo de cor. Acompañaravos un anfitrión da Lus do Mundo e en cada lugar haberá dous guías agardando para contarvos máis cousas do mundo do neno Pepe.
Antes de partir, que vos parece facer unha foto de cada grupo? Agora si, benvidos á ALDEA DO NENO PEPE!