A noite é
Esta melodía, composta tamén por Sandra Tenreiro, emprega os versos de A noite é, un poema breve pero con moitas lecturas posibles. Tamén as ten esta canción, que podedes desfrutar en modo karaoke e tamén na súa versión dance, incluida nos créditos de Os camiños esquencidos.
Podedes como no resto, descargar a canción e máis a partitura.