A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Penélope

  • Autoría
    Sandra Tenreiro
  • Intérpretes
    Alumnos do IES Poeta Díaz Castro
  • Ano
    2013
  • Duración
    3:15
  • Ideal para
    Entender un tempo
  • Compartir en
    facebook, twitter

Penélope é o poema máis coñecido de Díaz Castro, os seus versos iniciais: “Un paso adiante i outro atrás, Galiza” marcaron a toda unha xeración que os adoptou case como un himno. É tamén un dos máis versionados por músicos e artistas de diferentes estilos.

Esta canción, composta pola profesora de música do centro, Sandra Tenreiro, forma parte do documental A lus do mundo. Podedes descargar a partitura e ver como a interpretou Sandra no acto da Real Academia Galega do 2013 no que reivindicamos as Letras Galegas para o poeta.