A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Un novo espazo de socialización

A innovación require que esteamos en constante formación, como profesorado: Experiencia formativa (dentro do noso PFPP) coa comunidade.

                                                                           

CLAVES

  • MATERIAS: Experiencia interdisciplinaria e de inclusión. Formación do profesorado.
  • SESIÓNS:  As precisas para a implementación.
  • NECESIDADES: Aspectos organizativos de centro, colaboración de profesorado, alumnado, familias e expertos.

OBXECTIVOS

  • Crear un espazo de socialización e traballo por intereses.
  • Potenciar a participación dos diferentes sectores da comunidade educativa na organización e toma de decisións do centro.
  • Enriquecer a dinámica de formación do equipo docente, aplicándoo ao centro e á comunidade educativa (Proxecto de Formación Permanente do Profesorado).

                                                                                        

PASO A PASO

01. PREPARATIVOS

Desde o mes de novembro, o profesorado implicado no Proxecto de Formación vén desenvolvendo actividades de deseño de espazos e a súa potencialidade na socialización do alumnado e na participación da comunidade educativa.

 

02. DESENVOLVEMENTO

Desde hai anos vimos formándonos, como equipo docente, na creación de espazos de socialización e aprendizaxe.

Para este curso tiñamos pendente a creación dun que contribúa ao benestar emocional da comunidade, creando un aula na que alumnado e profesorado podan acceder ao coñecemento desde unha perspectiva máis integral ou ben que podan encontrar un momento de benestar para continuar a xornada.

Pensamos, de cara ao novo curso, desenvolver sesións de Mindfulness alí, durante os leceres, e sesións deliberativas, círculos de diálogo…

Neste curso 2024/25 organizamos o deseño así como a tipoloxía de usos.

Para a finalización dos planos contamos coa habilidade e profesionalidade da nosa compañeira de FP Carolina Cabaleiro:

1/4

 

03. AVALIACIÓN

Agardamos crear este espazo durante o mes de xullo de 2025, co cal a avaliación queda pendente ata o inicio do novo curso.

EXPERIENCIAS

A participación comunitaria é un dos obxectivos marcados, a partir deste curso, no proxecto Polos Creativos. Esta foi unha experiencia de deseño, implementación e avaliación de ideas que partiu da toma de decisións colectiva.

 

CONCLUSIÓNS

Magnífica experiencia de colaboración e deseño.