Titorial «A fábrica de poetas»
- Proxecto
Díaz Castro - Autoría
Cristina de la Torre - Ideal para
Romper o xeo literario - Materias
Educación Física, Literatura, Roteiros - Cursos
Curso 2015/16 - Compartir en
facebook, twitter
MATERIAIS NECESARIOS
- As follas cos versos para ubicar polo IES
- Celo para pegar os versos
- Mapas do IES con pegatinas de ubicación dos versos
- Guías para estar ó lado de cada verso
- Un exemplar de Nimbos
- Os pasaportes de 3 cores (1 por grupo)
- Os bolígrafos co cordel
- 3 Mapas do roteiro, (1 por grupo)
- Manual parada 01
NOTAS
- Antes de que cheguen os visitantes teñen que estar os versos pegados e os guías ubicados
- Para dividilos poñémolos en 2 filas e damos un mapa a cada 3-4 persoas
- Os guías deben de estar pendentes do remate da actividade.
PASO A PASO
- Preparar o set dos pasaportes (coordinado co equipo de loxística)
- Decidir que puntos se empregan no xogo e dispoñibilidade do espazo
- Imprimir os versos, recortalos e pegalos nas posicións
- Ubicar as posicións no mapa plastificado
- Repartir as posicións entre o equipo do roteiro para que se sitúen
- Reciben ao grupo no vestíbulo colocándoo en semicírculo
- Presentación e explicación da actividade
- Dividimos os visitantes en grupos de 3-5 persoas e dámoslles o mapa cos puntos
- En cada posición o guía pide que reciten ao unísono e déixalles coller o verso
- Cando teñen todos os seus versos voltan ao vestíbulo
- Facemos a conclusión do xogo
- Loxística reparte o pasaporte (hai de 2/3 cores para facer os grupos) poñendo o selo
- Pedimos que cubran o pasaporte co seu nome e o verso que escollan
- Pedimos que se coloquen co anfitrión da súa cor que xa ten un mapa
- Facemos foto de grupo e saimos cara as paradas onde xa están os guías
- Recollemos todo o material, dámosllo a loxística e acompañamos a un grupo
PRESENTACIÓN
Ola, e benvidos ao roteiro da Fábrica de Poetas, un paseo literario pola vila de Guitiriz e que comeza aquí no noso instituto que leva o nome de Xosé María Díaz Castro. Sabedes quen é?
Díaz Castro foi un poeta que naceu en Guitiriz, na aldea do Vilariño en 1914. No 2014, cando se cumpria o centenario do seu nacemento, dedicáronlle as Letras Galegas e neste instituto, celebrouse con moitas actividades. Entre elas, este roteiro, polo que xa pasaron máis de mil persoas de toda Galicia.
ACTIVIDADE
Nesta parada propoñémosvos entrar na Fábrica de Poetas colleitando versos. Ides atopalos pendurados polo instituto e tedes que conseguir polo menos tres versos por grupo. Para iso pediránvos que os recitedes a coro.
Os puntos onde podedes atopar os versos están marcados nun mapa que imos repartir facendo grupos. Poñédevos en dúas filas e así será máis sinxelo. Cando teñades os tres versos regresade aquí, ao punto de partida.
E agora, a colleitar versos!
CONCLUSIÓN
Todos os versos que tedes na man están neste poemario. Trátase de Nimbos, o único libro que Díaz Castro publicou en vida. Son 33 poemas que falan do rural galego no que naceu. Moitos de nós vivimos en aldeas moi parecidas á de Díaz Castro pero… seremos escritores como el?
E vós? Ao mellor facédesvos escritores tralo voso paso pola Fábrica de Poetas. De momento ímosvos dar un pasaporte para poder continuar esta viaxe literaria. Cando o teñades, poñede o voso nome e un verso que vos gustara.
(Loxística entrega os pasaportes, de tantas cores como grupos se fagan)
Se xa acabastes ídevos reunindo co anfitrión e cos visitantes da vosa cor. Ese é o voso grupo para o resto da mañá. Levades un mapa co voso percorrido, así que non ten perda.
Boa viaxe poética!