Descubrir a Díaz Castro
- Proxecto
Díaz Castro - Autoría
María Miragaya, Cristina de la Torre - Ideal para
Coñecer por vez primeira ó autor - Materias
Literatura, O poeta Díaz Castro - Cursos
Curso 2013/14 - Compartir en
facebook, twitter
¿un poeta nace ou faise?
Esta actividade está pensada para presentar ó poeta por vez primeira empregando o documental A lus do mundo e traballando despois sobre o seu contido. Podedes descargar en PDF listo para proxectar con enlaces:
Se preferides facer a actividade dende a web. O primeiro é ver o documental e despois ir resolvendo as preguntas e xogos que propoñemos.
¿QUE SABEMOS DE DÍAZ CASTRO?
- ¿Onde naceu?
- ¿Cantas linguas falaba?
- ¿A que se adicaba?
- ¿Cantos libros publicou?
- ¿Escribiu máis?
- ¿Que é un nimbo?
¿QUEN O DIXO?
- “A infancia é a patria dun, son as raíces e queirámolo ou non, van con nós”
- “A poesía é como agarrar a vida e dicir: eh! que nós estamos aquí e estamos pensando e sentindo isto… ”
- “Un paso adiante e outro atrás, Galiza, e a tea dos teus soños non se move”
- “Protagonista sen querer selo, cantos silencios nos contamos, e tan solitario, el pensa que non o escoitamos… ”
¿CAL FOI A PREGUNTA?
- “El quería ser un poeta en galego, apostou polo noso idioma”
- “Que faga un autor imprescindible da nosa literatura a un home dun so libro, é porque este libro é moi poderoso… ”
- “Viñamos da ditadura, daquela noite escura […] e ler en galego ás veces convertíase nun desafío”
- “Pois, porque somos o país do mundo –e dígoo así– que mesmo se quere a sí mesmo”
¿QUE RESPONDERÍAS TI?
- ¿Un poeta nace ou faise? ¿Por que?
- ¿Como foi a infancia dos teus avós?
- Describe un lugar poético ¿Por que ese?
- ¿Onde ves ti nimbos de luz?
¿SOMOS POETAS?
¿SABEMOS RIMAR?
¿ATOPÁMOSLLE O SENTIDO?
E para rematar… cantamos?