A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Titorial de «Sopa de versos»

  • Uxía e Thalía explican os detalles desta actividade que sirve como benvida ó roteiro
  • A presentación é no autobús repartindo os versos coas cores alternas ó sair
  • O xogo faise na capela, onde formarán versos axudados dos anfitrións
  • Unha vez feitos os versos lense en alto, faise a conclusión e repartimos o mapa
  • Antes de iniciar o roteiro facemos unha foto de cada grupo
1/5

MATERIAIS

PASO A PASO

  1. Calcular cantas tarxetas hai que dar para facer grupos equilibrados
  2. Repartir a solución dos versos ós anfitrións
  3. Presentación e explicación dentro do bus sen que baixen
  4. Indicarlles que teñen que ir á capela a resolver o xogo
  5. Repartir as tarxetas mentres saen do bus alternando cores
  6. Os anfitrións agardan na capela coa solución no peto
  7. Cada anfitrión leva unha cor indicando o grupo que leva
  8. Axudar aos visitantes fronte a capela a formar os versos
  9. Facemos un círculo e que cada grupo diga o seu verso en alto
  10. Explicamos a conclusión do xogo e os obxectivos da visita
  11. Indicámoslles que as cores son os grupos e dámoslles o mapa
  12. Colocámonos para un foto de grupo e despedímolos
  13. Recollemos o material sobrante

NOTAS

  • Hai 4 cores para dividir os visitantes en 4 grupos e que fagan as actividades de forma simultánea. Hai tarxetas para un máximo de 60 participantes.
  • Se hai poucos participantes é mellor facer menos grupos eliminando unha das cores para que nos xogos haxa sempre un mínimo de 8 persoas
  • Se o número de participantes non é múltiplo de tres os guías da primeira parada collen o verso sobrante e únense a un dos grupos. 
  • Levamos o poemario de Nimbos na man para amosalo.
  • Non entregamos os mapas ata o final para que estean expectantes ata o final da conclusión.

PRESENTACIÓN

Pode un neno de aldea ser poeta? De seguro que si e imos comprobalo.

Estamos no Vilariño dos Cregos. Aquí naceu o poeta Xosé María Díaz Castro en 1914. Creceu nesta pequena aldea, onde lle chamaban o neno Pepe. Viviu en Mondoñedo, Vilagarcía e Madrid, pero sempre que podía volvía aquí, ao mundo que lle inspirou os versos do seu único poemario, Nimbos.

ACTIVIDADE

Para entrar no mundo da súa infancia ides recibir unha parte dun verso e para completalo tedes que atopar outras dúas pezas. Se sodes 1 amarelo, teredes que atopar o 2 amarelo e o 3 amarelo que conformen un verso de Díaz Castro. Tódolos versos están divididos en 3 partes, atopade as outras 2 que vos completan

Mirade un exemplo:

A Lus do mundo_Sopa de letras_01

Agora mentres saídes do autobús recibiredes a vosa parte da SOPA DE VERSOS e para facer o xogo tedes que ir ata a capela onde atoparedes un anfitrión da Lus do Mundo que vos axudará a resolvelo.

CONCLUSIÓN

Para escoitar os versos que formastes poñémonos co grupo da nosa cor e imos recitando en alto para escoitalos todos e comprobar se acertastes […]

A Lus do mundo_Sopa de letras_02

Estes versos forman parte de Nimbos, o único libro que Díaz Castro publicou en vida. Como sabedes, no ano 2014 dedicóuselle o Día das Letras Galegas e publicáronse algúns poemas inéditos escritos aquí, no Vilariño, onde escribía sentado nas fontes, ou nas airas.

Así que agora imos coñecer a súa aldea imaxinando como era hai cen anos. Neste mapa tedes un itinerario para cada grupo de cor. Acompañaravos un anfitrión da Lus do Mundo e en cada lugar haberá dous guías agardando para contarvos máis cousas do mundo do neno Pepe.

Antes de partir, que vos parece facer unha foto de cada grupo? Agora si, benvidos á ALDEA DO NENO PEPE!