Titorial «Aí ven Díaz Castro»
- Proxecto
Díaz Castro - Autoría
Noemí Fernández, Sandra Tenreiro - Ideal para
Facer da poesía un himno - Materias
Educación Física, Música, Roteiros - Cursos
Curso 2015/16 - Compartir en
facebook, twitter
MATERIAIS
PASO A PASO
- Dinámica no aula didáctica da Ruta da Pedra de Díaz Castro, ten a chave a veciñanza
- Dentro teremos gardadas as tortas de Guitiriz
- Asegurarse de que o espazo está en condicións
- Recibimos fóra a cada grupo e facemos a presentación
- Entran de forma libre, terán torta de guitiriz para coller un trozo cada un
- Van pasando todos os grupos facendo con todos a mesma presentación do espazo
- Ao rematar todos pedímoslles que nos acompañen á capela para a despedida
- Alguén de loxística pecha a aula e deixa a chave no buzón dos veciños
- Na capela facemos a dinámica da canción
- Avanzamos cara o autobús cantando a canción e seguindo o paso
- Na porta do autobús loxística recolle os versos e entrega o rosco
NOTAS
- Conseguir a chave do aula da Ruta da Pedra.
- Ter o local aberto e ventilado e sacamos unha torta para cada grupo que vai chegando, tamén para guías e anfitrións
- Alguén se ten que preocupar de pechar o local e deixar a chave no buzón dos veciños
- Para a parte da canción levamos a todos á capela
- A posición final para camiñar é a mesma que a do xogo de “Aí ven mamá pato!”
- Se a canción remata antes de que cheguemos ó autobús repetímola
- Na porta do bus agarda un equipo de loxística que recolle as tarxetas dos versos dos visitantes
- Loxística entrega o Rosco a un dos profes visitantes
PRESENTACIÓN
Para pechar este roteiro queremos convidarvos a coñecer este espazo. É unha aula pedagóxica da Ruta da Pedra de Díaz Castro. Un camiño de apenas cinco quilómetros que parte desta aldea e que podedes voltar a facer outro día co cole ou coas vosas familias.
Na sala, hai información sobre ese roteiro e tamén algún elemento da vida de Díaz Castro, como a mesa que empregaba para ler e escribir. Podedes entrar, botar un ollo e de paso, coller un trozo de torta de millo de Guitiriz mentras agardamos polo outro grupo. Cando rematedes podedes ir cara a capela onde faremos a despedida.
ACTIVIDADE
Que vos pareceu a aldea do neno Pepe? Agardamos que aprenderades moito sobre o rural de hai cen anos. Como despedida queremos amosarvos unha estrofa dun poema de Díaz Castro que musicamos no instituto e podedes atopar na web alusdomundo.com
Alí temos películas, cancións, xogos… e non so relacionadas con Díaz Castro. Pero como estamos na súa aldea imos despedir a xornada co poema do neno Pepe cantad. Primeiro facémolo co equipo da Lus do Mundo:
HAI HOMES CHEOS DE SOMBRA (rep) / HOMES A CONTRALUS (rep) / QUE (rep)/ CHE (rep) / FAN VER A DEUS / COMO UN MAR DE LUS
Agora vós. (Repítese toda a canción) E engadimos ritmo marcando paso: esquerda, dereita, esquerda, dereita (batendo no chan cos pés e cantamos). Xa estamos listos. Poñémonos en fila, agarramos da man ao compañeiro pasando a nosa man entre as pernas e comezamos a avanzar cara o autobús e a cantar.
Imos aló!