As cores da Guerra
PRESENTACIÓN
Meterse na pel dos homes e mulleres que viviron A Gran Guerra. Isto foi a que fixemos na clase de Historia de 1º de BAC onde recreamos historias reais ou inventadas entre os soldados e as súas mulleres, noivas nais irmás.
A proposta consistíu en imaxinar unha personaxe e a súa vida vinculándoa cun contexto real para dotalo de credibilidade e facer un exercicio de falso documental que nos axude a entender a época que viviron.
CLAVES
- MATERIAS: Historia
- CONTIDOS: Coñecer a época da Gran Guerra.
- SESIÓNS: varias ao longo dun trimestre, en función da dedicación ao audiovisual.
- NECESIDADES: Software para edición de vídeo e equipo de gravación.
PASO A PASO
01. PREPARATIVOS
Crear os personaxes da historia, localizalos, deseñar a súa vida e historia persoal.
02. DESENVOLVEMENTO
Establecer unha relación epistolar entre o soldado que está na Gran Guerra e alguén que o espera na súa casa: a muller, a irmá, a nai…
03. AVALIACIÓN
Avalíase a calidade de documentación, guión e calidade técnica das vídeo-cartas elaboradas.
EXPERIENCIAS
É moi interesante ver a motivación do alumnado cando ven o resultado nunha linguaxe máis amable coa súa xeneración, como é a audiovisual.