As cores dos alimentos
PRESENTACIÓN
O alumnado do PMAR de 3º de ESO realiza un traballo sobre a presenza das distintas cores nos alimentos que consumimos a diario.
CLAVES
- MATERIAS: indicado para Bioloxía.
- CONTIDOS: gardan relación co tema de nutrición. Traballamos varios aspectos: enfermidades nutricionais frecuentes na adolescencia, porcentaxes recomendadas dos distintos nutrientes a esas idades, as cores dos alimentos e a orixe dos alimentos.
- SESIÓNS: catro sesións para recopiar información, elaborar un guión e preparar o material necesario para expoñer o traballo. Dúas horas repartidas en tempos de 15-20 minutos por grupo para mostrar o traballo ós compañeiros.
- NECESIDADES: oordenadores para facer a busca na internet, cartón para elaborar os carteis, alimentos frescos e outros elaborados a partir de imaxes para montar unha mostra representativa dos principais grupos, mapamundi para situar distintos alimentos segundo a súa orixe.
- SINERXIAS: colaboración da profesora de Pedagoxía Terapéutica para elaborar material sinxelo, con determinados alumnos, que será usado na exposición do proxecto.
OBXECTIVOS
- Desenvolver as competencias do alumnado de busca de información fiable e contrastada na internet.
- Afianzar contidos esenciais para a materia de bioloxía de 3º de ESO.
- Contribuír á elaboración de material que será útil en posteriores cursos para poñer en práctica estes contidos.
- Mellorar as súas destrezas dirixindo unha actividade cara ó público.
PASO A PASO
01. PREPARATIVOS
Dedicamos tres sesións para buscar a información necesaria e elaborar un guión repartindo as actividades entre os alumnos.
02. DESENVOLVEMENTO
Durante dous sesións elaboramos o material necesario (carteis, imaxes de alimentos, rosco para o pasapalabra…) para o día da exposición. Tamén facemos unha lista dos alimentos frescos que queremos mostrar de modo que cada alumno se compromete a traer varios deles. Dedicamos unha sesión final a facer un ensaio xeral para cronometrar o tempo e poder corrixir posibles deficiencias na exposición. A continuación, podes acceder ao guión:
03. AVALIACIÓN
Un punto para cada alumno no que se terá en conta: a implicación no proxecto, a calidade da información atopada na internet, a presentación e a capacidade de exposición cara ós compañeiros.
EXPERIENCIAS
O proxecto ponse en práctica co resto de alumnado de ESO . O nivel dos contidos adaptouse para que puidese abarcar todos os cursos cos que se traballou.