As estrelas do deporte
- Proxecto
Constelacións - Autoría
Noemí Fernández - Ideal para
Motivar ó alumnado - Materias
Educación Física - Cursos
Curso 2016/17 - Compartir en
facebook, twitter
O mércores 22 de febreiro de 2017 dous xogadores do CB Breogán Café as Candelas, José Salvador Arco Frías e Rafael Huertas Navajas, e máis o seu preparador físico, o Guitiricense José Miragaya, estiveron no noso centro falando da súa experiencia no mundo do deporte de élite. Este encontro con todo o alumnado do centro foi parte dun proxecto interdisciplinar «Hai unha estrela no teu interior», dos departamentos de Educación e Música.
A xornada comezou no salón de actos coa presentación do vídeo «Chegaremos xuntos», unha canción orixinal da profesora de música Sandra Tenreiro inspirada nos himnos do deporte elaborados polo alumnado para a materia de Educación Física. Trala presentación do vídeo o alumnado de 1º de ESO presentou o acto facendo un breve repaso pola historia do CB Breográn e as estrelas do pasado e presente deste clube lugués.
Tralas presentacións, os xogadores e o preparador físico ofreceron unha charla sobre “Estudo e Deporte” e tiveron un coloquio co alumnado. A xornada finalizou con sesión de fotos, sinatura de autógrafos, agradecementos, agasallos para o clube e a recomendación do libro O Cincuentenario do Breogán, do asturiano Cipriano Fernández.