As moedas de Díaz Castro
- Proxecto
Díaz Castro - Ideal para
Recrear unha feira da época - Materias
Matemáticas, O poeta Díaz Castro - Cursos
Curso 2013/14 - Compartir en
facebook, twitter
Propoñemosvos facer unha posta en escea de época onde tamén teñan presenza as matemáticas, coma en tantas outras facetas da vida das persoas, dos animais e das prantas e froitos asociados a elas aproveitando a Feira de Parga, ambientada nos anos 30. -podería ser outro ano, tan so sería necesario “actualizar” prezos-. Así, os alumnos poderán usar as matemáticas máis elementais, pero tamén as máis utilizadas pola poboación: as que se utilizan para mercar e vender nas feiras.
Para iso, fanse serv ir os datos tomados do xornal “EL PROGRESO” en diferentes datas do ano 1932, que se reproducen a continuación.
Estes datos mostran unha realidade que foi esquencida nos últimos anos da peseta debido á inflación, á utilización dos decimais na vida cotiá das persoas.
Posta en escea
Aínda que non sería totalmente real pódese ambientar o lugar da feira con carteis anunciadores da época, “fotografiados” das páxinas de “El Progreso”. (Está permitido fotografiar os exemplares pero non facer fotocopias). A realidade é que a prensa escrita maioritariamente líase nas cidades e non nas aldeas ou vilas, pero eses carteis axudarían a interiorizar a realidade daquela época. Destacan os anuncios, que son os de maior presenza ao longo de todo o ano, relacionados coas navieras e os prezos das pasaxes nos barcos.
Nos distintos postos de venta pode haber carteis escritos con letras “manuais” cos prezos dos diferentes artigos á vista de todos, o que non quitaría realidade á escea e axudaría a facer as operacións de comprar e vender máis doadas.
Para facer realidade esas operación de compra e venda hai que imprimir e posteriormente plastificar, para que teñan máis corpo, moedas da época. Tamén billetes aínda que estos non sería necesario platificalos. Un exemplo son estas pesetas aínda, senod estrictos, que foron editadas máis tarde:
Listado de prezos
- Ovos para incubar: 8pts./ducia.
- Ovos: 2’5 1’5-1’9 pts./ducia.
- Leña de carballo: 3’50 pts./ quintal de 50 kg.
- Leite fresca: 0’5 pts./litro.
- Papel blanco: 14 pts./500 pliegos (64×88)
- Leña de carballo: 3 pts/quintal de 50 kg.
- Limpeza de traxe: 5 pts.
- Planchado do traxe: 2 pts.
- Limpeza en seco: 6 pts.
- Teatro: 6pts./asento en palco; 5pts./butaca ;2,5pts./cadeira; 1,25pts./xeral.
- Patacas: 0’13 pts./0’18-0’3.
- Touciño: 4’5 pts.
- Manteiga: 4’5 pts.
- Cebos galegos bos: 3’00 – 3’04 pts; regulares: 2’90 – 3’00 pts.
- Vacas galegas boas: 3’07 – 3’13 pts; regulares:3’00 – 3’07 pts.
- Touros galegos: 3’15 – 3’22 pts.
- Tenreira castela fina de 1ª: 4’00 – 4’13 pts.
- Tenreira castela fina de 2ª: 3’78 – 3’91 pts.
- Tenreira de 1ª Montañesa e asturiana: 3’48 – 3’69 pts.
- Tenreira de 2ª Montañesa e asturiana : 3’35 – 3’48 pts.
- Tenreira Galega de 1ª: 3’26 – 3’49 pts.
- Tenreira Galega de 1ª: 3’00 – 3’17 pts.
- Cocho blanco chato: 2’70 – 2’75 pts.
- Trigo: 0’45 pts.
- Centeo: 0’4 pts.
- Millo: 0’45 pts.
- Fabas: 0,6 pts.
Cómpre destacar o feito de que a carne de tenreira galega era moito máis barata que a de outras partes do estado, tanto nos mercados de Madrid, aos que se fan referencia nestas táboas como aos de Barcelona. En cuestión de medidas destaca a utilización do quintal de 50 kg, medida, habendo xente hoxe en día que recorda habela utilizado. (O cambio oficial é 1 quintal métrico son 100 kg).
Divisas
Tamén mostramos unas táboas que mostran os prezos das divisas, das moedas máis habituais, é de supoñer que están relacionadas cós países máis famosos naqueles tempos na nosa provincia. É salientable a fortaleza das divisas como o franco francés e a lira italiana comparándoas cos cambios anteriores ao euro sobre divisas como o marco alemán, o dólar e a libra esterlina. Tamén é destacable a non cotización do peso arxentino, meirande a maior parte do ano, aínda que hacia finais de 1932 sí cotizou.
- Francos franceses: 52’10 pts.
- Libras esterlinas: 50’00 pts.
- Dólares: 13’20 pts.
- Francos suizos: 257’4 pts.
- Francos Belgas: 185’20 pts.
- Liras: 67’90 pts.
- Escudos portugueses 0’45 pts.
- Pesos argentinos: 0 pts.
- Marcos: 3’12 pts.