A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Autores dun único libro

  • Díaz Castro en Madrid, durante un dos seus escasos recitais

X. Mª Díaz Castro só publicou unha obra Nimbos. O feito de que un autor sexa recoñecido por unha única obra é  pouco habitual, pero hai outros casos na historia da literatura española e universal.

1.  Nas listaxes que aparece a continuación tes unha serie de autores que triunfaron cunha soa obra, asocia o nome do autor coa obra correspondente:

Autor

  1. Harper Lee
  2. Margaret Mitchell
  3. Emily Brontë
  4. J.D. Salinger
  5. Boris Pasternak
  6. Luis Martín-Santos
  7. Arundhati Roy

Obras

  1. Cumbres Borrascosas
  2. Doctor Zhivago
  3. Tiempo de silencio
  4. El dios de las pequeñas cosas
  5. Matar a un ruiseñor
  6. El guardián entre el centeno
  7. Lo que el viento se llevó

Exercicios

  • ¿Que circunstancias poden estar detrás do feito de publicar unha única obra?
  • Investiga os motivos polos que os autores anteriores só publicaron unha obra en vida
  • ¿Cal crees que é o caso de Díaz Castro?

DÍAZ CASTRO E PESSOA

Álvaro de Campos, Alberto Caeiro e Ricardo Reis son algúns dos nomes cos que se publicou a obra do poeta portugués Fernando Pessoa (1888-1935). Eses nomes non son seudónimos, non son nomes falsos, senón heterónimos, auténticos personaxes fóra da vida do autor.
Fernando Pessoa traballou como tradutor, igual que Díaz Castro, e non publicou poesía en portugués ata pouco antes de morrer, a maioría da súa produción foi editada postumamente.

O heterónimo Alberto Caeiro foi creado por Pessoa o 8 de marzo de 1914, o mesmo ano no que naceu Díaz Castro, e é un poeta ligado á natureza que se presenta como un simple “gardador de rebaños” a quen só lle importa sentir a realidade que o rodea.

Aquí tes o poema “Coma brasas” de Díaz Castro e o poema número I de O guardador de rebanhos  de Pessoa, onde podes constatar algunhas similitudes que existen entre os dous poetas:

COMA BRASAS

Poeta ou non eu cantarei as cousas
que na soleira de min mesmo agardan.
Alumarei con fachas de palabras,
ancho herdo meu, o mundo que me deron.

Eí están, coma brasas contra a noite,
as vellas cousas, cheas de destinos.
Ollos que piden, de famentos nenos.
Ollos que esperan, dunha adoescente.

¡Galiza en min , meu Deus, pan que me deron, 
leite e centeo e soño e lus de aurora!
Longa rúa da mar, fogar da terra,
e esta crus que nos mide de alto a baixo.

Con este alento, eu lles darei ás cousas
o drama cheo que lles nega a vida:
dareilles rostos, para que se conozan,
palabras lles darei pra que se entendan…

O GUARDADOR DE REBANHOS

Não tenho ambições nem desejos 
Ser poeta não é uma ambição minha 
É a minha maneira de estar sozinho.

E se desejo às vezes 
Por imaginar, ser cordeirinho 
(Ou ser o rebanho todo 
Para andar espalhado por toda a encosta 
A ser muita cousa feliz ao mesmo tempo),

É só porque sinto o que escrevo ao pôr do sol, 
Ou quando uma nuvem passa a mão por cima da luz 
E corre um silêncio pela erva fora.

Quando me sento a escrever versos 
Ou, passeando pelos caminhos ou pelos atalhos, 
Escrevo versos num papel que está no meu pensamento, 
Sinto um cajado nas mãos 
E vejo um recorte de mim 
No cimo dum outeiro, 
Olhando para o meu rebanho e vendo as minhas idéias, 
Ou olhando para as minhas idéias e vendo o meu rebanho, 
E sorrindo vagamente como quem não compreende o que se diz 
E quer fingir que compreende.

 

Exercicios

  • Explica que é ser poeta segundo cada autor.
  • A paisaxe é un elemento fundamental na poesía de Pessoa e de Díaz Castro, explica como aparece reflectida en cada composición.
  • Identifica os seguintes recursos estilísticos en cada poema: metáfora, comparación, paralelismo, anáfora, polisíndeton e personificación.