Contaminación luminosa
- Proxecto
Constelacións - Autoría
Susana Vázquez Regueiro - Duración
Dúas semanas - Ideal para
Motivar - Materias
Bioloxía, Física e Química, Xeoloxía - Cursos
Curso 2016/17, Todos - Compartir en
facebook, twitter
PRESENTACIÓN
Dentro da liña de traballo As Constelacións, o instituto acollerá unha exposición sobre Contaminación Luminosa cuxa información vén enriquecer o que sabemso sobre estrelas e a súa observación e está, loxicamente, en relación directa coa posta a punto do noso telescopio.
CLAVES
- MATERIAS: Física, Bioloxía e Xeoloxía, Matemáticas.
- CONTIDOS: Contaminación lumínica.
- SESIÓNS: Exposición durante dúas semanas.
- NECESIDADES: Paneis cedidos pola Agrupación Astronómica Io
- SINERXIAS: As Constelacións.
OBXECTIVOS
- Coñecer os efectos negativos da contaminación lumínica a diferentes niveis da nosa vida.
- Potenciar a escoita activa e a observación.
- Buscar aplicación de coñecementos na vida diaria.
PASO A PASO
01. PREPARATIVOS
A exposición chega a nós cedida pola Agrupación Astronómica IO, da Coruña, que tamén se encargará de darnos a formación necesaria para aproveitala como o recurso didáctico.
02. DESENVOLVEMENTO
Os paneis da exposición estarán situados no primeiro andar do centro durante as dúas semanas que dura esta actividade. Todo o alumnado de 1º de ESO a 1º de BACH, terá acceso á exposición e tamén ás charlas organizadas ao seu pé. Destas últimas encargarase un representante da Agrupación Astronómica IO.
EXPERIENCIAS
Aparte das experiencias derivadas da propia aprendizaxe da exposición e da charla que a explica, que se amosa no vídeo que segue, esta experiencia sentará as bases teóricas que son precisaas para enfrontar outra das tarefas desta liña de traballo: as entrevistas a maiores da zona sobre as diferencias nos ceos nocturnos de Guitiriz, que levará a cabo o alumnado de 3º da ESO