A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Holi Fest

  • Vídeo resumo do Holi fest
  • Obradoiro: De que cor te sentes hoxe?
  • Obradoiro: As cores dos aros olímpicos
  • Obradoiro: Rosa ou azul?
  • Obradoiro: Expresión sensorial de cor
  • Obradoiro: Cores e alimentos
  • Festa Holi
  • Festa Holi
  • Festa Holi
  • Festa Holi
1/10

PRESENTACIÓN

No IES Poeta Díaz Castro, durante o curso 2017/18 estase a traballar co tema xeral das cores, proposta desde a Comisión de Competencias Científico-tecnolóxicas.

Coa chegada da primavera, este ano decidimos facer unha celebración chegada doutra cultura: a Holi Fest, unha explosión de cor para rematar o trimestre e aprender disfrutando.

CLAVES

  • MATERIAS: Indicado para todas as materias
  • CONTIDOS: Cores e alimentos, cores e emocións, expresión artística, cores e aros olímpicos, expresión emocional e literatura, socialización,  empatía.
  • SESIÓNS: 5 sesións.
  • NECESIDADES: Espazos e organización do desenvolvemento da Feira da Cor. Polvos holi.
  • SINERXIAS: O alumnado encargado de cada obradoiro mellora a súa oralidade. O equipo anfitrión prepárase na súa tarefa de percorridos e tempos. Todos descubrimos a cor nas aprendizaxes e no disfrute.

OBXECTIVOS

  • Reforzar a importancia da expresión oral como aptitude básica desenvolvendo habilidades lingüísticas e sociais
    • Capacidade de síntese
    • Organización do discurso
    • Fixación de coñecemento
    • Aptitudes de empatía e conexión coa audiencia
    • Comunicación non verbal
    • Seguridade e autoestima
  • Incentivar o traballo transversal entre departamentos mellorando a convivencia no centro
    • Unificar criterios e metodoloxías en distintas áreas para traballar a oralidade de forma coordinada
    • Potenciar a avaliación conxunta entre materias
    • Potenciar o protagonismo e participación do alumnado nas actividades da aula e do centro

PASO A PASO

01. PREPARATIVOS

FASE 1: Organización do circuíto de obradoiros, cinco en total, e os equipos que os atenden, incluído o de anfitrións, encargados de levar en tempo, durante todo o circuíto a todos os participantes.

FASE 2: Organización de cada un dos obradoiros: Arte e emocións, De que cor te sentes hoxe?, Alimentación e cores, Os aros olímpicos, Rosa ou azul?.

FASE 3: Organización de horarios e quendas de profesorado para o acompañamento e apoio.

02. DESENVOLVEMENTO

A Feira da Cor desenvolveuse desde as 9.20 ata as 11.00. Os cinco grupos de alumnos foron, a xeito de circuíto pechado, pasando por todos os obradoiros, guiados polo seu Anfitrión.

En cada stand, participaron das tarefas encomendadas para a aprendizaxe organizada segundo a área: Artística, Educación Física, Ámbito tecnolóxico, Atención á diversidade, Relixión e Valores.

Finalizado o circuito, o alumnado disfrutou dun tempo de lecer antes de comezar coa Batalla de Versos, ás 11.30, onde lectores voluntarios interpretaban versos en galego e identificaban a emoción sentida coa cor que lles suxería. Desde o público, recibían unha chuvia desa cor, nunha primeira aproximación á festa Holi.

Un día cheo de cores e emocións non podía finalizar sen música e baile. Os últimos 60 minutos da mañá foron de Baile Holi, onde co movemento e a música, os polvos de cores inundaron o noso aire e tamén o noso aspecto, converténdonos en mostras claras dun proxecto que pretende exceder convencións.

03. AVALIACIÓN

Cada obradoiro avaliou a participación dos grupos visitantes otorgando gomets en función da calidade da mesma. Esta cartilla de gomets era, precisamente, a que se cambiaba por un número determinado de bolsas de polvo holi, para cada equipo.

Sobre a propia experiencia, a valoración de alumnos e profesores, a modo de expresión de satisfacción, foi moi elevada.