A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Un Nadal de Cores

1/6

PRESENTACIÓN

Realización Postal de Nadal e Poesía.
A proposta consistía en elaborar unha postal na que se reflexara a través das cores e a poesía os sentimentos que o Nadal nos trasmite. Tratouse de que o alumnado evitara solucións clásicas facendo fincapé en propostas máis dinámicas e espóntaneas, prevalecendo a cor ante o debuxo figurativo. A nivel poético ó sensorial fronte ó narrativo.

 

CLAVES

  • MATERIAS: Plástica e Visual, Biblioteca
  • CONTIDOS: Expresividade, creatividade, análisis das formas e das cores, uso de distintas técnicas plásticas, traballo en equipo, control do tempo.
    Expresión poética tomando como referencia as cores e o Nadal
  • SESIÓNS: 4 sesións
  • NECESIDADES: Software matemático interactivo libre GeoGebra.

OBXECTIVOS

  • Reflexionar sobre a expresividade das cores.
  • Exteriorizar as emocións coas cores.
  • Desarrollar a creatividade.
  • Coñecemento de distintas técnicas gráfico-plásticas.
  • Incentivar aparticipación e motivación do alumnado.
  • Desenvolver a linguaxe poética.

PASO A PASO

01. PREPARATIVOS

Na aula de Plástica: idear o proxecto e trasladarlle a proposta ao alumnado, visionando imaxes previamente a modo de orientación. Por parte da biblioteca: se fixo unha convocatoria pública do concurso mediante cartaces e información directa en todas as aulas.

02. DESENVOLVEMENTO

Traballo na aula coa profesora de Plástica.
Montaxe da exposición co equipo da biblioteca e alumnado.
Selección das postais e o poema finalista que foron utilizadas para felicitar o Nadal a toda a comunidade educativa (profesores, familias, persoal non docente).
As postais enviaronse a imprenta coas imaxes galardonadas e no seu reverso o poema seleccionado.

 

03. AVALIACIÓN

Observar o desenvolvemento da actividade.
Valorar o traballo individual e en equipo.
Puntuar o resultado final.

EXPERIENCIAS

Ver as imaxes realizadas da exposición final.

O resultados foron sorprendentes, xa que os rapaces conseguiron saír das típicas postais de Nadal, profundizando na expresividade das cores.