A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

I ANDAINA SOLIDARIA

O día 12 de novembro ás 10.30h, “Día internacional contra a obesidade infantil”, fixose unha andaina educativo/solidaria coas comunidades educativas do CEIP Plurilingüe Santo Estevo de Parga (estes finalmente non viñeron debido a previsión meteorolóxica de chuvia) , CEIP Lagostelle e IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, organizada polos profesores de Educación Física dos tres centros educativos e colaborando na mesma distintos mestres, departamentos didácticos, equipos directivos dos centros e a comunidade educativa en xeral: persoal laboral, persoal non docente, familias, centro de saúde de Guitiriz, Concello de Guitiriz, departamento de deportes e técnicos deportivos do Concello de Guitiriz, protección civil, policía local…
O percorrido realizouse pola vila de Guitiriz e os seus arredores, sendo a saída e o retorno no campo da Feira de Guitiriz e tendo unha lonxitude de cinco quilómetros para os participantes, ao principio, ao longo do percorrido e ao final fixéronse diversas actividades educativas relacionadas cos catro alicerces da actividade.
Complementouse a actividade anterior con outra que tivo lugar o día 19 de novembro, unha charla para 1ºESO a cargo da pediatra, Sheila, do Centro de saúde de Guitiriz, que abordou as seguintes temáticas: cambios no corpo dos nenos/as, hixiene, alimentación e hábitos saudables (deporte, uso moderado de novas tecnoloxías, …)


                                                                           andaina 2

CLAVES

  • MATERIAS: Educación Física, Tecnoloxía, Coordinación de Extraescolares, Linguas Estranxeiras: Inglés, Francés, Coordinador Competencia Científico-tecnolóxica, Plástica, Orientación.
  • CONTIDOSNesta actividade loitamos por catro alicerces fundamentais:

    A) HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES:
    – Andaina, no “Día internacional contra a obesidade infantil”, 12 de novembro, para contrarrestar e previr a obesidade, o sobrepeso e o sedentarismo mediante a actividade física e hábitos de vida saudables. (Proxecta: “Proxecto Deportivo de Centro” e proxecto de centro: aLIXeirate)
    – Charla a cargo da médico pediatra, Sheila, do Centro de saúde de Guitiriz o día 19 de novembro: abordou as seguintes temáticas: cambios no corpo dos nenos/as ,hixiene, alimentación e hábitos saudables (deporte, uso moderado de novas tecnoloxías, …)( Departamento de Orientación, Proxecta: “Proxecto Deportivo de Centro” e proxecto de centro: aLIXeirate)
    – Alimentación saudable: o Concello de Guitiriz donou froita para todos os asistentes a andaina, para promover hábitos saudables entre a poboación.
    B) IGUALDADE DE XÉNERO: Levamos dorsais ao longo da andaina con nomes de mulleres deportistas históricas, para lembrar a súa presencia no deporte de xeito importante e loitar pola igualdade (Proxecto: “Donas de sí” e Proxecta: “Proxecto Deportivo de Centro” )
    C) SOLIDARIDADE, AXUDA: Apoiamos a investigación da leucemia infantil: “V edición volta ao cole contra a leucemia infantil” (recaudamos fondos cos que financiar proxectos de investigación infantil, participamos cunha aportación voluntaria de 1 euro, o IES ingresará dita aportación na conta da ONG: unoentrecienmil.org), entregouse dorsal adhesivo solidario sen numerar o día da carreira e diploma ao finalizar a mesma, premio ao seu esforzo. (Proxecta: “Proxecto Deportivo de Centro”)
    D) COIDAMOS O MEDIO AMBIENTE:
    – Andaina e chegar imaxinariamente sumando os quilómetros de todos/as os/as participantes ata Estocolmo (cidade que está a 2500qms en liña recta de distancia de Guitiriz), por ser unha das cidades máis coidadas medio ambientalmente falando de Europa, e así coñecer un pouco máis dela e ver como Guitiriz podería parecerse (previamente traballouse na clase de Educación Física mediante un o visionado dun vídeo sobre a cidade e análisis do mesmo), promovendo coidar o medio ambiente, comenzando por coidar o que nos rodea, Guitiriz. (Proxecta: “Proxecto Deportivo de centro” e proxecto de centro: “aLIXeirate”)
    – “Recollemos lixo” ao longo do percorrido con luvas reutilizables, formándonos nun planeta limpo e sostible e clasificamos dito lixo ao chegar da andaina nos contenedores axeitados da praza do pobo (previamente traballouse na clase de Educación Física o proceder mediante un video sobre reciclaxe. (Proxecto: aLIXeirate, departamento de Tecnoloxía)
    – O alumnado coa axuda do profesorado de inglés e auxiliares de conversación cantou cancións en inglés con temática sobre as tres R.(reutilizar, reducir, reciclar) (Proxecto: aLIXeirate e lingua estranxeira: Inglés, Seccións Bilingües)
    – Fixeronse distintas pancartas en inglés, francés… sobre as temáticas da andaina, coa axuda da auxiliar de conversa Liz.(Proxecto: aLIXeirate e Lingua estranxeira: Inglés, Seccións Bilingües e lingua estranxeira: Francés)
    – Cartaz de promoción: basado nos catro alicerces da actividades. (Proxecto: aLIXeirate e Lingua estranxeira: Inglés, Seccións Bilingües e Departamento de Educación Plástica e Visual)

  • SESIÓNS: 10 sesións:
    -4 sesións preparatorias: xuntanzas telemáticas cos profesores coordinadores da actividade para perfilar a mesma e presenciais coa Policia Local, Protección Civil, Técnicos Deportivo e cultura do Concello de Guitiriz, Médico pediatra do Centro de Saúde de Guitiriz, departamento de actividades extraescolares e complementarias e a dirección do IES.
    -4 sesións: preparación das actividades que se van facer o día da andaina.
    -2 sesións: implementación da actividade e avaliación da mesma.
  • NECESIDADES: -Equipo Humano: profesores de Educación Física dos tres centros educativos, mestres dos centros escolares, departamentos didácticos, equipos directivos dos centros e a comunidade educativa en xeral: persoal laboral, personal non docente, familias, centro de saúde de Guitiriz, Concello de Guitiriz, departamento de deportes e técnicos deportivos do Concello de Guitiriz, protección civil, policía local…
    -Materiais: cámaras de fotos, vídeo, ordenador, impresora, luvas desechables, bolsas de lixo, froita, páxina web do centro, blog de Educación Física, instagram, facebook, twitter…
    -Espazos: IES, CEIP´S, percorrido polo entorno de Guitiriz: praza do pobo, sete muiños, ruta da auga…
    -Orzamento: Non se precisou.

OBXECTIVOS

– Contrarrestar e previr a obesidade, o sobrepeso e o sedentarismo mediante a actividade física, alimentación e hábitos de vida saudables.
– Loitar pola igualdade de xénero.
– Fomentar a solidaridade entre o alumnado e a comunidade educativa en xeral.
– Coidar o medio ambiente, comenzando polo que nos rodea e está máis próximo.
– Traballar contidos da actividade en linguas estranxeiras: inglés e francés, para fomentar a interculturalidade.

                                                                                       

PASO A PASO

01. PREPARATIVOS

– Diversas reunións:
Profesorado de Educación Física dos CEIP´S e IES.
Equipos directivos dos centros escolares
Departamento de Actividades Extraescolares do centro
Departamento de Orientación
Departamentos implicados na actividade
Concello de Guitiriz: técnico de deportes, protección civil, policía local,…
– Buscar, testar e preparar o percorrido de tal xeito que fora axeitado para todos os participantes.
– Pensar e coordinar actividades relacionadas cos catro alicerces fundamentais do proxecto.
– Preparar actividades relacionadas cos catro alicerces fundamentais do proxecto.
– Avaliar a actividade.

 

02. DESENVOLVEMENTO

Preparáronse por separado cada un dos alicerces que se describen a continuación, e logo implementaronse o día 12 de novembro a meirande parte e o 19 de novembro rematouse a actividade completamente coa charla sobre hábitos de vida saudables.
A) HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES:
– Andaina, no “Día internacional contra a obesidade infantil”, 12 de novembro, para contrarrestar e previr a obesidade, o sobrepeso e o sedentarismo mediante a actividade física e hábitos de vida saudables. (Proxecta: “Proxecto Deportivo de Centro” e proxecto de centro: aLIXeirate)
– Charla a cargo da médico pediatra, Sheila, do Centro de saúde de Guitiriz o día 19 de novembro: abordou as seguintes temáticas: cambios no corpo dos nenos/as ,hixiene, alimentación e hábitos saudables (deporte, uso moderado de novas tecnoloxías, …)( Departamento de Orientación, Proxecta: “Proxecto Deportivo de Centro” e proxecto de centro: aLIXeirate)
– Alimentación saudable: o Concello de Guitiriz donou froita para todos os asistentes a andaina, para promover hábitos saudables entre a poboación.
B) IGUALDADE DE XÉNERO: Levamos dorsais ao longo da andaina con nomes de mulleres deportistas históricas, para lembrar a súa presencia no deporte de xeito importante e loitar pola igualdade (Proxecto: “Donas de sí” e Proxecta: “Proxecto Deportivo de Centro” )
C) SOLIDARIDADE, AXUDA: Apoiamos a investigación da leucemia infantil: “V edición volta ao cole contra a leucemia infantil” (recaudamos fondos cos que financiar proxectos de investigación infantil, participamos cunha aportación voluntaria de 1 euro, o IES ingresará dita aportación na conta da ONG: unoentrecienmil.org), entregouse dorsal adhesivo solidario sen numerar o día da carreira e diploma ao finalizar a mesma, premio ao seu esforzo. (Proxecta: “Proxecto Deportivo de Centro”)
D) COIDAMOS O MEDIO AMBIENTE:
– Andaina e chegar imaxinariamente sumando os quilómetros de todos/as os/as participantes ata Estocolmo (cidade que está a 2500qms en liña recta de distancia de Guitiriz), por ser unha das cidades máis coidadas medio ambientalmente falando de Europa, e así coñecer un pouco máis dela e ver como Guitiriz podería parecerse (previamente traballouse na clase de Educación Física mediante un o visionado dun vídeo sobre a cidade e análisis do mesmo), promovendo coidar o medio ambiente, comenzando por coidar o que nos rodea, Guitiriz. (Proxecta: “Proxecto Deportivo de centro” e proxecto de centro: “aLIXeirate”)
– “Recollemos lixo” ao longo do percorrido con luvas reutilizables, formándonos nun planeta limpo e sostible e clasificamos dito lixo ao chegar da andaina nos contenedores axeitados da praza do pobo (previamente traballouse na clase de Educación Física o proceder mediante un video sobre reciclaxe. (Proxecto: aLIXeirate, departamento de Tecnoloxía)
– O alumnado coa axuda do profesorado de inglés e auxiliares de conversación cantou cancións en inglés con temática sobre as tres R.(reutilizar, reducir, reciclar) (Proxecto: aLIXeirate e lingua estranxeira: Inglés, Seccións Bilingües)
– Fixeronse distintas pancartas en inglés, francés… sobre as temáticas da andaina, coa axuda da auxiliar de conversa Liz.(Proxecto: aLIXeirate e Lingua estranxeira: Inglés, Seccións Bilingües e lingua estranxeira: Francés)
– Cartaz de promoción: basado nos catro alicerces da actividades. (Proxecto: aLIXeirate e Lingua estranxeira: Inglés, Seccións Bilingües e Departamento de Educación Plástica e Visual)

 

03. AVALIACIÓN

Avaliación inicial:
-Ideas de departamentos, profesorado, alumnado.
-Reunións entre coordinadora, colaboradores, alumnado e profesorado implicados no proxecto.
Avaliación formativa:
-Reunións entre coordinadora e colaboradores.
-Conversacións continuas co alumnado, profesorado e departamentos implicados.
Avaliación continua do proxecto:
-Autoevaluación.
Avaliación final:
-Autoevaluación e propostas de mellora.
-Memoria final e desenvolvemento de álbumes de fotos da actividade.

EXPERIENCIAS

ANDAINA S  OLIDARIA:
Pódense ver:
-Fotos da actividade.
-Recortes da prensa: El Progreso e Voz de Galicia

CHARLA SOBRE HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES:
Pódense ver:
-Fotos da actividade.

CONCLUSIÓNS

Actividade intercentros e interdisciplinar moi enriquecedora e formativa

andaina 1