OBRADOIRO DE REUTILIZACIÓN
- Proxecto
Alixéirate - Autoría
Susana Vázquez Regueiro - Duración
3 semanas - Ideal para
Potenciar a oralidade e a interacción no alumnado - Materias
Ámbito científico tecnolóxico - Cursos
2º ESO, Curso 2019/20, PMAR - Compartir en
facebook, twitter
PRESENTACIÓN
O pasado venres 29 de novembro, o alumnado de PMAR foi o protagonista dun obradoiro de reutilización de botellas de plástico, para sensibilizar, non só do seu consumo, senón do xeito no que se lles pode dar unha segunda vida.
Este foi o primeiro obradoiro do proxecto aLIXéirate!
CLAVES
- MATERIAS: Ámbito científico – tecnolóxico
- CONTIDOS: Planificación e expresión verbal do proceso de resolución de problemas. Aprendizaxe entre iguais. Aprendizaxe por tarefas
- SESIÓNS: 1 lecer de difusión e 1 sesión para desenvolvemento.
- NECESIDADES: Recursos e materiais propios do obradoiro.
OBXECTIVOS
- Mellorar a comunicación e a competencia oral.
- Idear solución ao problema da acumulación de botellas de plástico no instituto.
PASO A PASO
01. PREPARATIVOS
O alumnado da aula de PT experimentou, dentro do seu proxecto “Os tres R de Rodri“, diferentes solucións creativas para dar un segundo uso aos residuos do centro. Durante catro sesións, o alumnado de PMAR, coa colaboración de Rodrigo Pumares, aprendeu, en equipos, a elaborar catro propostas plásticas: botellas da calma, mini-fútbol, tres en raia e estoxo.
02. DESENVOLVEMENTO
Logo de preparados os materiais e adiantados os procesos, o alumnado de PMAR, organizou un obradoiro na entrada do instituto, que se desenvolveu en dúas fases: durante o lecer, aberto a todos os grupos, con difusión do seu traballo e un primeiro achegamento á realización de obxectos. Na segunda fase, o alumnado de 2º de ESO, baixou en quendas, para realizar algún deses obxectos que, despois, podería levar para a casa.
03. AVALIACIÓN
Os indicadores de logro foron a participación e a elaboración de obxectos. O alumnado de PMAR reflictirá en titoría sobre as vantaxes desta experiencia, así como as propostas de mellora que precisa.
EXPERIENCIAS
A participación foi intensa e o alumnado esgotou materiais, isto foi un bo inicio de obradoiros de aLIXéirate!