Os liques no Vilariño
- Proxecto
Díaz Castro - Autoría
Nuria Sánchez - Ideal para
Descubrir sobre o terreo - Materias
Bioloxía - Cursos
Curso 2012/13 - Compartir en
facebook, twitter
Liques, bioindicadores de polución
Un dos usos dos liques é o seu emprego como bioindicadores da contaminación ambiental. O Vilariño é un lugar da parroquia dos Vilares no concello lugués de Guitiriz, na comarca da Terra Chá. Neste lugar naceu o poeta Xosé María Díaz Castro. A pesar de que esta paisaxe mudou moito desde aquela, aínda se pode considerar un área onde a escasa polución do aire permite o crecemento e mantemento de numerosas especies de liques. A continuación exponse unha actividade na que se propón a lectura dun texto e diversas cuestións relacionadas coa estrutura, composición e tipos principais de liques que existen. Apórtanse imaxes dalgunhas das especies atopadas nesta paisaxe. Lee o seguinte texto. Os liques son talófitos, é dicir organismos que non presentan verdadeiros tecidos e polo tanto neles non se desenvolven raíces, talos nin follas. Defínense como unha asociación simbionte entre un alga verde ou bacteria fotosintetizadora (cianobacteria) e un fungo (formado por filamentos chamados hifas). Así, baixo a aparencia dun só individuo inclúe dous moi distintos: un alga (ficobionte ou fotobionte) e un fungo (micobionte).
- As células da alga realizan a fotosíntese e ceden ó fungo os glícidos que fabrican nese proceso. No caso das cianobacterias ademais poden fixar o nitróxeno da atmosfera e transformalo en amoníaco que tamén poden doar ó fungo.
- Por outro lado, o fungo protexe á alga da desecación grazas á auga que pode reter entre as hifas e tamén pode proporcionar sales minerais que toma do substrato.
Para poder ver as estruturas internas dun lique é necesario facer finos cortes transversais do talo e observalos ó microscopio.
Moitos liques posúen un talo chamado estratificado que de riba a abaixo comprende as seguintes capas: córtex superior (formado por hifas moi pretas), capa algal (formada por hifas pouco pretas que rodean as células do fotobionte), medula (formada por hifas dispostas de xeito máis laxo, xeralmente é a capa máis grosa) e córtex inferior (formado novamente por hifas moi pretas).
Atendendo as súas diferentes formas podemos diferenciar tres tipos de talo principais:
- Foliáceos: teñen aspecto de láminas, cintas ou follas estendidas paralelamente ó substrato, sempre medran por riba del e poden separarse do mesmo con relativa facilidade.
- Fructicolosos: teñen aspecto de pequeno arbusto ou de barbas. Están constituídos por ramas que poden ser cilíndricas ou aplanadas.
- Incrustantes: talos formando manchas, difíciles de separar do substrato sen destruílos, por estar intimamente adheridos nel.
1. ¿Que nome reciben os organismos que non posúen verdadeiras follas, talos e raíz? ¿E os que si as posúen?
2. ¿Cales son os dous compoñentes dun lique? ¿Que funcións leva a cabo cada un deles?
3. ¿Que tipo de relación manteñen os dous compoñentes do lique?
4. Completa as estruturas que aparecen sinaladas no debuxo cos números 1,2 e 3.
5. Busca en internet o significado dos seguintes conceptos: apotecio, rizina, isidio. A continuación completa as estruturas do debuxo anterior con eses termos (aparecen marcadas coas letras a,b,c). ¿A cal delas corresponde a seguinte imaxe?
6. As seguintes imaxes mostran distintos tipos de talo que poden presentar os liques. Identifica a que tipo, dos tres principais citados no texto, pertence cada un deles.
—————————————————-
—————————————————
—————————————————
————————————————–
7. Busca información sobre o importante papel que desempeñan os liques na formación do solo.
8. Completa o texto cos seguintes termos: nocivas, excretar, aire, industrialización e tóxico.
O feito de que un lique non poida ……………… as substancias que absorbe a partir do ………………, fai que acumule cantidades importantes de substancias ……………………, como óxidos de xofre, procedentes do crecente proceso de ………………………….. Cando estes produtos acadan un nivel ………………, o lique morre.
9. ¿Por que razón crees que son tan abundantes os liques no entorno do Vilariño?
10. Indaga sobre o papel epífita que posúen os liques e que aparece reflectido na seguinte imaxe.