A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Participación (Delegados) 2024/25

  • Proxecto
    Delegados
  • Autoría
    Susana Vázquez Regueiro
  • Duración
    Todo o curso
  • Ideal para
    Transferibilidade e difusión de experiencias
  • Materias
    Delegados
  • Cursos
    Todos
  • Compartir en
    facebook, twitter
  • delegados6
  • delegados13
1/15

Hai un tempo que, para nós, é fundamental espertar o espírito da participación democrática. Varios son os órganos que a promoven nos centros educativos: Claustro de profesorado, Consello escolar e, para nós, moi especialmente, a Xunta de Delegados.

Nos dous últimos cursos, o equipo de delegados recibe unha formación específica para desenvolver a súa función, facendo fincapé no desenvolvemento de dinámicas participativas como a Asemblea ou na aprendizaxe da representación responsable do grupo. Estas formacións corren a cargo de programas creados para o noso centro pola Asociación Aventeira.

O labor dos Delegados no IES Poeta Díaz Castro pretende o empoderamento do alumnado na participación escolar e na toma de decisións. Por isto, eles son parte fundamental no Concurso Aula Mellor Coidada e nas Avaliacións/Valoracións de fin de curso.

Durante o curso 2024/25, o labor do Equipo de Delegados estivo marcado polos seguintes fitos:

PRIMEIRO TRIMESTRE

  • Elección dos delegados/as e subdelegados/as. Seguimos procurando a candidatura por parellas e, na medida do posible, paritaria.
  • Formalización da Xunta de Delegados.
  • Primeira formación do equipo de delegados.
  • Fase 1 do Concurso Aula Mellor Coidada. Inspección, co profesorado responsable, do estado das aulas correspondentes.
  • Organización da difusión do Punto Laranxa cunha campaña de lanzamento sorprendente.

SEGUNDO TRIMESTRE

  • Segunda formación do equipo de delegados.
  • Organización da Primeira Asemblea 2025: Necesidades e propostas de mellora para o centro. Os delegados/as e subdelegados/as, coa axuda dos titores/as recolleron as iniciativas dos seus grupos, aos que representaron na Asemblea. Froito desta xorden estes acordos.
  • Activación do Punto Laranxa. Os delegados/as e subdelegados/as de 1º e 2º de ESO son os encargados de crear e interpretar un roleplaying para concienciar sobre o emprego do Punto Laranxa cando sexa preciso.

  • Segunda fase do Concurso Aula Mellor Coidada.
  • Creación das Comisións de Delegados/as e Subdelegados/as.
  • Asunción da función de Axentes de Benestar. Dentro desta, os delegados/as e subdelegados/as asumiron, durante este trimestre, o acollemento e acompañamento inicial do alumnado incorporado ao centro de forma tardía.

TERCEIRO TRIMESTRE

  • Terceira fase do Concurso Aula Mellor Coidada e toma de decisións na identificación do grupo gañador.
  • Participación activa nas sesións de valoración de fin de curso: autoavaliación da participación da Xunta de Delegados, funcionamento do centro, plan de mellora, etc.