Reactivando os Roteiros Díaz Castro
- Proxecto
Díaz Castro - Autoría
Susana Vázquez Regueiro - Duración
Curso 2024/25 - Ideal para
Transferibilidade e difusión de accións - Materias
Proxectos - Cursos
Todos - Compartir en
facebook, twitter
A pandemia e o curso posterior non permitiron o desenvolvemento habitual dos Roteiros Díaz Castro. Este parón de case dous anos fixo mella neste noso proxecto identitario.
A renovación do profesorado trouxo novas perspectivas non so de traballo, senón de reinterpretación dos nosos obxectivos didácticos e pedagóxicos prioritarios: as novas relacións interpersoais, a resolución non violenta dos conflitos, as afectacións dunhas e outras á convivencia no centro…
Agora, dous cursos despois, o profesorado actual do centro está embarcado nunha formación permanente para a revisión e reformulación dos Roteiros.
Neste espazo iremos dando luz aos avances que faremos:
- Equipo de formación: PFPP Aproximación á contorna desde os Polos Creativos – Situacións de aprendizaxe aplicadas aos Roteiros
- Acordos iniciais para o desenvolvemento do novo Roteiro
- Concurso de ideas
- Comisión de selección e idea gañadora
Política Educativa,