Pigmentos vermellos
- Proxecto
As cores - Autoría
Ana Sánchez - Duración
Dúas sesións - Materias
Física e Química - Cursos
4º ESO, Curso 2017/18 - Compartir en
facebook, twitter
PRESENTACIÓN
O alumnado de 4º de ESO de Física e Química (6 alumnos) explícanos no curso 2017-2018 os diferentes pigmentos de cor vermella. Móstrannos como algúns deles agochan insectos nos teus alimentos favoritos.
CLAVES
- MATERIAS:Indicado para utilizalo en Bioloxía e Xeoloxía, en Ciencias da Natureza e en Física e Química.
- CONTIDOS: Que son os pigmentos de cor vermella, cantos tipos hai e para que se utilizan.
- SESIÓNS: Para desenvolver en 1 ou 2 sesións máximo.
- NECESIDADES: Ten que formar parte do contido avaliable das materias nas que se desenvolva.
OBXECTIVOS
- Capacidade de síntese e de organización para facer as diapositivas.
- Fixación dos coñecementos
- Potenciar a implicación do alumnado nas actividades do aula e do centro
PASO A PASO
01. PREPARATIVOS
Distribución do alumnado por tarefas:
- alumnos preparan as diapositivas para a introdución, QUE SON?
- alumnos preparan as diapositivas para a descrición dos TIPOS DE PIGMENTOS VERMELLOS.
- alumnos preparan as diapositivas para as UTILIDADES destes pigmentos.
02. DESENVOLVEMENTO
Utilización de varias sesións nas súas casas para preparar todas as diapositivas e dalgunha sesión de lecer para a posta en común, unificación e ensamblaxe das diapositivas.
03. AVALIACIÓN
Para cada alumno 1 punto máximo segundo o grao de implicación e traballo realizado no proxecto.