A lus do mundo

EDUCACIÓN PARTICIPATIVA DENDE GUITIRIZ — Un proxecto do IES Poeta Díaz Castro

Proxecto Cruceiro

 

1/9

 

O alumnado de 1º de ESO, durante o curso 2020/21 embarcou nun cruceiro, o proxecto que os levou de volta polo mundo, coñecendo culturas, espazos, persoas… descubrindo un mundo de posibilidades, competencias e diversións. Mira aquí todo canto fixeron e acompáñanos na viaxe!

 

CLAVES

  • MATERIAS: Matemáticas, Linguas (galega, castelá, inglesa), Bioloxía, Relixión, Valores éticos, Xeografía, Educación Física.
  • CONTIDOS: Trátase dun proxecto interdisciplinario, polo que veremos unha serie de contidos ligados a todas as materias implicadas, facendo especial fincapé  naqueles que contribúen ao desenvolvemento integral do alumnado e á mellora das súas competencias clave.
  • NECESIDADES: Cada tarefa terá as súas, pero, en xeral, só precisamos do interese por descubrir o mundo, o acceso a Internet e ir aprendendo a traballar en equipo e con ferramentas TIC.

OBXECTIVOS

– Descubrir o mundo máis aló do noso contorno próximo, para aprender a valoralo.

-Traballar en equipo, comprometerse co produto final solicitado.

-Conseguir unha mellor competencia dixital.

-Mellorar a expresión en todos os seus niveis: oral, escrito, visual, audiovisual.

 

PASO A PASO

01. PREPARATIVOS

Creación dun espazo web que dea corpo aos contidos estudados e aos produtos realizados. Trátase dunha especie de liña narrativa das andanzas do grupo de viaxeiros ao longo do percorrido, a través das visitas ás cidades, dos descubrimentos feitos…

Podes acceder a este espazo nesta ligazón.

 

02. DESENVOLVEMENTO

Ao longo dos meses do curso, profesorado e alumnado irán dando contido a este proxecto, que será publicado e competado. Os produtos elaborados, así como a descrición das tarefas e procesos irán dando idea de como se produciu a viaxe virtual, pero tamén de cales foron as aprendizaxes obtidas no percorrido.

En primeiro lugar, o alumnado tivo que preocuparse da organización da viaxe: prezos, compra de billetes, maletas…

Desde a Sala de Máquinas, os nenos e nenas de primeiro, proxectaron quen eran e como traballaban.

Moitas foron as persoas viaxeiras coñecidas… de todas elas… vivencias e anécdotas: unha historia en cada unha!

O percorrido imaxinado discurriu por un mundo de kilómetros cadrados… lugares con idiosincrasias para coñecer: os climas, as economías, as zonas máis importantes… Hai recollidas vivencias, culturas e territorios.

Non vos podedes perder o Making Of, un álbum de fotos da viaxe!

03. AVALIACIÓN

Cada profesor achegará as súas valoracións do proxecto, de xeito que o alumnado, a través das súas producións e da implicación durante o proceso recibirá unha cualificación específica que fará parte da nota final. Os criterios e estándares de avaliación dependerán de cada materia.

EXPERIENCIAS

 

CONCLUSIÓNS

Actividade interdisciplinar moi enriquecedora e formativa